Lavadores, Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10:
|entidades = 15
}}
'''Santa Cristina de Lavadores''' é unha [[parroquia civil]] do concello de [[Vigo]] que pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.
 
Entre 1836 e 1941 foi un concello independente composto polas parroquias de Santa Cristina de Lavadores, [[Beade, Vigo|Beade]], [[Bembrive, Vigo|Bembrive]], [[Cabral, Vigo|Cabral]], [[Candeán, Vigo|Candeán]] e [[San Paio, Vigo|San Paio]].<ref>Historicamente é considerada parte de Lavadores e así se reflicte na obra citada na Bibliografía{{clarificar}}</ref> En 1941 o Concello foi anexionado ao Concello de Vigo.
[[Ficheiro:O arco da vella.jpg|miniatura|O arco da vella en Lavadores.]]
Segundo o traballo do filólogo [[Iván Sestay Martínez]], ''Toponimia do Val do Fragoso 2. Lavadores'', a parroquia divídese en oito barrios históricos: O Caride, San Paio, Riomau, Pardavila, A Bouciña, A Bagunda, Sabaxáns e A Gandariña. Estes, á súa vez, subdivídense en 30 lugares históricos ou aldeas.
 
No ámbito eclesiástico, as [[Parroquia eclesiástica galega|parroquias relixiosas]] de Santiago de Bembribe, Santa Mariña de Cabral, San Cristovo de Candeán, San Paio de Lavadores, Santa Cristina de Lavadores, San Pedro de Sárdoma, Santa Clara de Vigo, Santa Lucía de Vigo e Santa Teresa de Xesús de Vigo pertencen ao [[Arciprestado de Vigo-Lavadores]].<ref>[http://www.diocesetuivigo.org/diocese/vigo%20lavadores/parroquias%20vigo%20lavadores.html Arciprestado de Vigo-Lavadores. Diócese de Tui-Vigo]</ref>
 
== Historia ==
Nos seus altos consérvanse esteos de varios dolmens en mal estado, así como achados soltos de machados de cuarzo paleolíticas.
 
Foi concello independente durante 104 anos. Creouse en [[1836]] dentro dun proxecto que pretendía a racionalización e centralización político-administrativa dos concellos da [[Provincia de Pontevedra]]. A súa creación supuxo a desaparición do antigo [[concello do Fragoso]], dividíndose as súas parroquias entre os concellos de [[Vigo]], [[Concello de Bouzas|Bouzas]] e o novo de [[concello de Lavadores|Lavadores]]. En [[1941]] foi anexionado ao concello de [[Vigo]]. Durante os 10 primeiros anos da súa vida, formaban parte do concello as parroquias de Santa Cristina (a que é hoxe en día a parroquia de Lavadores), [[Candeán, Vigo|Candeán]], [[Cabral, Vigo|Cabral]], [[Beade, Vigo|Beade]], [[Bembrive, Vigo|Bembrive]], [[Valadares, Vigo|Valadares]] e [[Zamáns, Vigo|Zamáns]]. En [[1846]] a parroquia de [[Teis]] segregouse de [[Vigo]] e pasou a formar parte de Lavadores.
 
O Concello de Lavadores foi o primeiro concello de Galiza onde se derrotou electoralmente a un candidato caciquil. Foi nas eleccións municipais de 1914 onde resultou elixido como alcalde Julián Estévez, dirixente do Sindicato de Agricultores de Teis. Esta vitoria electoral fala de importancia e da potencia que as organización agrarias tiñan no antigo Concello, de feito tanto a Sociedade de Agricultores de Lavadores como o Sindicato de Agricultores de Teis foron referencias para os labregos galegos entre 1900 e 1936.<ref>{{Cita libro |título=Os campesiños de Lavadores. Estructura social e articulación política, 1923-1931 |apelidos=Roman Lago |nome=Isidro |editorial=A Nosa Terra |ano=1998}}</ref>
 
O desenvolvemento da actividade industrial no veciño Concello de Vigo dende as primeiras décadas do século XX fixo que o Concelloconcello e as parroquias de Santa Cristina e máis Teis experimentaran unha serie de transformacións, converténdose pouco a pouco nun espazo a cabalo entre o mundo rural e o mundo urbano. Precisamente por isto, a parroquia experimentaexperimentou un gran presenta de actividade político-sindical, con importantes núcleos tanto do PSOE, da CNT, como do PCE o que lle valería o sobrenome da ''Rusia pequena'' ou ''rusia chiquita'' .
[[Ficheiro:Mercado do Calvario. Vigo.jpg|miniatura|Mercado do Calvario.]]
FoiNa [[guerra civil española]] foi o último reduto de resistencia fronte ás tropas da guarnición e doda castelo[[Fortaleza do castro de VigoCastro]] contra as barricadas obreiras, que comezou trala lectura do bando de estado de guerra na Porta do sol de Vigo e rematou co abandono das barricadas fronte ó cuartel da [[garda civil]] de Pardavila, onde foran asediados polo exército e a [[Garda Civil]]. Desde alí botáronse ó monte os superviventes da resistencia antigolpista de 1936.{{Cómpre referencia}}
 
A actual igrexa, construída no [[século XIX]], ocupa o lugar dun antigo templo do [[século XII]] do calque quedan varios canzorros[[canzorro]]s no tellado. Na porta principal da igrexa gárdase o Cristo do antigo cruceiro que deu nome ó barrio do [[O Calvario, Vigo|Calvario]].{{cómpre referencia}} Preto da igrexa atópase o pazo de Rivera Atienza, actualmente convertido en escola-taller.
 
== Deportes ==
[[Ficheiro:Estadio municipal de Barreiro.jpg|miniatura|[[Estadio Municipal de Barreiro]].]]
Ten instalacións deportivas de relevancia na zona de Ceboleira. Unha [[piscina]] cuberta e un pavillón de deportes de parqué. Na parte alta está o [[Estadio Municipal de Barreiro]] onde xogaba o Turista e agora xoga o [[Gran Peña]] e o [[Celta de Vigo B|Celta B]]. Enfronte do campo de fútbol estaba o ''Cuartel de Barreiro'', que durante anos acolleu varias compañías do exercito[[Exército de Terra de España|exército de terra]], e ó seu carón había un coñecido baile, ''A Palmera''.
 
O maior logro dun equipo de fútbol de Lavadores acadouno o Unión Sporting Club, entidade nacida en 1922 pola fusión do Victoria Sporting Club e máis o Club Comercial, que militou na 2ª División da liga española na campaña 1935/36.{{cómpre referencia}}
 
No aspecto deportivo cabe nomear a [[Unión Balonmán Lavadores]] de [[balonmán]], o [[AD Lavadores CF]] de [[fútbol]] e o Nieto CF, que xogan nonno Campo do Meixoeiro. O club de balonmán acadou éxitos deportivos na década pasada,{{clarificar}} acadando o seu cumio na primeira nacional durante anos na parte alta desa categoría. Na actualidade{{cando}} milita na 2ª división nacional, salientando o gran número de xogadores saídos da canteira.
 
== Música tradicional ==
Liña 41 ⟶ 43:
 
== Festas ==
A parroquia de Lavadores antigamente tiña varias festas o longo do ano: Santa Lucía, Lourdes, Nosa Señora do Carmen e a festa da patroa Santa Cristina que se celebra o día [[24 de xullo]], ademais da Nosa Señora do Rosario, o primeiro [[domingo]] do mes de [[outubro]]. Actualmente, estas dúas últimas son as únicas que seguen celebrándose. Tamén existe a procesión do [[Corpus Christi]], celebrada na segunda quincena do mes de [[xuño]] e na que os veciños dos barrios de Fontáns e [[Pardavila, Lavadores, Vigo|Pardavila]] confeccionan alfombras con varios altares.
 
== Galería de imaxes ==
Liña 69 ⟶ 71:
=== Bibliografía ===
{{Refempeza}}
* {{Cita libro| autor nome=Xesús |apelidos=Giráldez Rivero| título =O antigo concello de Lavadores. Unha aproximación histórica| ano =2007 | publicación localización=Pontevedra: |editorial=[[Deputación de Pontevedra|]] |id = ISBN 978-84-8457-281-1 }}
* Sestay Martínez, Iván. (2010) ''Toponimia do Val do Fragoso 2. Lavadores''. Servizo de Publicacións da [[Universidade de Vigo]].
{{Reftermina}}
=== Outros artigos ===
Liña 81 ⟶ 83:
{{Onomástica do rueiro de Vigo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Parroquias de Vigo]]
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Cristina]]