's-Hertogenbosch: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 16:
|sitio web = [http://www.s-hertogenbosch.nl www.s-hertogenbosch.nl]
}}
''''s-Hertogenbosch''' (''Bosque do Duque'' en [[Lingua neerlandesa|neerlandés]], en francés ''Bois-le-Duc'') ou '''Den Bosch''' (''O Bosque'') é unha cidade dos [[Países Baixos]], capital da provincia do [[Brabante do Norte]], situada a uns 80 km ao sur de [[Ámsterdam|Ámsterdan]]. En [[2008]] contaba con 137 777 habitantes.
 
Foi fundada segundo a tradición en [[1185]] polo duque Henrique I de Brabante, na confluencia dos ríos [[Río Aa|Aa]] e [[río Dommel|Dommel]], que actualmente conflúen preto da cidadela da cidade. É unha das máis antigas cidades [[Idade Media|medievais]] dos Países Baixos.
Liña 25:
Den Bosch foi fundada como cidade dende Orthen, un dominio vello dos duques de [[Lovaina]] (na actual [[Bélxica]]). Probablemente, neste lugar xa se formou antes unha localidade mercadeira, cousa pouco habitual xa que normalmente naqueles tempos as localidades eran fundadas ao redor dun convento ou como colonia agraria. Algunhas décadas despois da fundación desta localidade, o duque Hnrique I de Brabante outorgoulle os dereitos de cidade, probablemente entre [[1185]] e [[1196]], sendo por primeira vez nomeada nun documento de [[1196]]. Naquel tempo non era tan usual anotar aqueles dereitos explicitamente, e moitas outras localidades nos Países Baixos copiarono despois do exemplo de Den Bosch.
 
A cidade levou inmediatamente o carácter dunha fortificación, non só para defender aos seus habitantes, senón porque tamén ao ser cidade máis setentrional do Brabante estaba situada nunha posición moi estratéxica como defensa e base de saída contra os ducados de [[Güeldres|Gueldria]] e [[Holanda (rexión)|Holanda]]. Os restos da primeira fortificación, que rodeaban unha superficie non máis grande que a do mercado, son aínda visibles nalgúns lugares: "De waterpoort" (a porta da auga) por onde a ría Dieze entraba a cidade, forma o resto máis grande. Tamén quedan restos en pé de "De Leuvense Poort" (a porta de Lovaina). A construción do muro comezou moi pronto despois da fundación da cidade e foi terminada en [[1255]]. En [[1203]] a cidade foi asaltada por unha expedición de tropas de Gueldria e Holanda, sendo queimada enteira.
 
Den Bosch converteuse despois de Lovaina, [[Bruxelas]] e [[Antuerpen]] na cuarta capital do [[Ducado de Brabante]], e gobernaba "De Meierij", a actual parte oriental da provincia Brabante do Norte nos Países Baixos. A cidade creceu tan rapidamente a consecuencia do comercio e a industria, que xa dende [[1318]] se comezou coa construción dunha segunda fortificación ao redor das novamente escavadas correntes dos ríos Aa e Dommel. Así se creou o que agora é o centro da cidade. Pero isto non foi tan sinxelo, para defender o novo territorio da cidade contra somerxer da auga, o terreo tiña que elevarse (a expensas dos cidadáns). A construción acabou despois de cincuenta anos de traballo, medrando a cidade 100 hectáreas. Máis tarde foron engadidos dous pequenos terreos: a extensión de "De Vugtherdijk" (8 hectáreas) ao final do [[século XIV]] e a extensión á beira de "Het Hinthamereinde" (4,5 hectáreas) ao redor do ano [[1540]].
Liña 39:
 
== Transporte ==
Den Bosch conta con díasdúas estacións de ferrocarrís: 's-Hertogenbosch e 's-Hertogenbosch Oost. É preciso destacar que a cidade ten conexións ferroviarias con [[Focşani]] en [[Romanía]].
 
== Museos da cidade ==