Tohoku Rakuten Golden Eagles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 28:
A fusión dos [[Orix BlueWave]] cos [[Kintetsu Buffaloes]] para formar os [[Orix Buffaloes]] no ano 2004 provocou unha forte crise na [[Liga Xaponesa de Béisbol Profesional]] (NPB), xa que deixaba unha praza libre das doce dispoñíbeis. Mentres a NPB debatía unha reestruturación do campionato, os xogadores protestaron pola situación e chegaron mesmo a facer o primeira paro na historia do béisbol profesional xaponés. Para solucionar a situación, a organización do campionato decidiu manter as dúas Ligas, permitindo a fusión dos dous equipos e creando unha nova franquía que ocupase a praza deixada polos Buffaloes na [[Liga do Pacífico]]. O novo equipo estaría situado na cidade de [[Sendai]], na [[Prefectura de Miyagi]]. En outubro de 2004 anunciouse a creación dos Tohoku Rakuten Golden Eagles baixo pertenza da empresa de venda on-line [[Rakuten]]. Así, durante un ano os responsábeis do equipo tiveron que confeccionar un elenco de xogadores sólido e axeitar as instalacións do [[Estadio de Miyagi]].
 
Os Eagles debutaron na temporada 2005 cunha vitoria 3−1 ante os [[Chiba Lotte Marines]]. Con todo, o resto da campaña supuxo un fracaso para as súas expectativas ao quedar últimos cunha marca de 38−97−1. En 2006 o equipo fichou ao técnico Katsuya Nomura, o adestrador máis vello da historia da competición. Despois de finalizar con récords negativos (máis derrotas que vitorias) nas súa primeiras catro temporadas, o equipo acabou en segundo lugar da Liga do Pacífico no ano 2009 por detrás dos [[Hokkaido Nippon-Ham Fighters]]. Nos playoffs gañaron na primeira fase ao mellor de tres xogos aos [[Fukuoka SoftBank Hawks]] (2−0), máis na seguinte fase, a anterior as [[Series do XaponXapón]], caeron ante os [[Hokkaido Nippon-Ham Fighters]] por 4−1. Tras a eliminatoria Nomura anunciou a súa retirada aos 74 anos.
 
Para a temporada 2010 contratouse como adestrador ao [[Estados UnidosdUnidos|estadounidense]] Marty Brown, antigo técnico dos [[Hiroshima Toyo Carp]]. Con todo, foi despedido tras unha súa temporada tras finalizar os Eagles en último lugar. O seguinte en ocupar o banco sería o membro do Saón da Fama Senichi Hoshino, que permaneceu no equipo durante catro temporadas. Con Hoshino chegou o primeiro gran éxito da franquía.
 
=== Nomes ===