Abrir o menú principal

Tohoku Rakuten Golden Eagles

Os Tohoku Rakuten Golden Eagles (東北楽天ゴールデンイーグルス Tōhoku Rakuten Gōruden Īgurusu?) son un equipo profesional de béisbol xaponés con na cidade de Sendai, Miyagi. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Pacific League desde a súa fundación en 2005, sendo o equipo máis novo da competición. O equipo foi creado para solucionar a crise creada tras a fusión dos Orix BlueWave e os Osaka Kintetsu Buffaloes, xa que deixaba a Liga do Pacífico con só cinco equipos. O equipo é propiedade da empresa de venda por internet Rakuten e xoga os seus partidos como local no Rakuten Seimei Park Miyagi, estadio con capacidade para 30.508 espectadores.

Tohoku Rakuten Golden Eagles
Fundado en 2005
En Sendai desde 2005
Rakuten eagles insignia.png
Insignia
Afiliacións
Xapón NPB (2005–presente)
Pacific League (2005–presente)
Uniforme actual
Masashi katoh.jpg
Dorsais retirados10, 77
Cores
  • Vermello, dourado          
Nome
  • Tohoku Rakuten Golden Eagles (2005–presente)
Estadio
Títulos
Nippon Series (1)2013
Pacific League (1)2013
Administración
Dono(s)Rakuten
AdestradorYosuke Hiraishi

HistoriaEditar

 
Fumiya Ono.

A fusión dos Orix BlueWave cos Kintetsu Buffaloes para formar os Orix Buffaloes no ano 2004 provocou unha forte crise na Liga Xaponesa de Béisbol Profesional (NPB), xa que deixaba unha praza libre das doce dispoñíbeis. Mentres a NPB debatía unha reestruturación do campionato, os xogadores protestaron pola situación e chegaron mesmo a facer o primeira paro na historia do béisbol profesional xaponés. Para solucionar a situación, a organización do campionato decidiu manter as dúas Ligas, permitindo a fusión dos dous equipos e creando unha nova franquía que ocupase a praza deixada polos Buffaloes na Liga do Pacífico. O novo equipo estaría situado na cidade de Sendai, na Prefectura de Miyagi. En outubro de 2004 anunciouse a creación dos Tohoku Rakuten Golden Eagles baixo pertenza da empresa de venda on-line Rakuten. Así, durante un ano os responsábeis do equipo tiveron que confeccionar un elenco de xogadores sólido e axeitar as instalacións do Estadio de Miyagi.

Os Eagles debutaron na temporada 2005 cunha vitoria 3−1 ante os Chiba Lotte Marines. Con todo, o resto da campaña supuxo un fracaso para as súas expectativas ao quedar últimos cunha marca de 38−97−1. En 2006 o equipo fichou ao técnico Katsuya Nomura, o adestrador máis vello da historia da competición. Despois de finalizar con récords negativos (máis derrotas que vitorias) nas súa primeiras catro temporadas, o equipo acabou en segundo lugar da Liga do Pacífico no ano 2009 por detrás dos Hokkaido Nippon-Ham Fighters. Nos playoffs gañaron na primeira fase ao mellor de tres xogos aos Fukuoka SoftBank Hawks (2−0), máis na seguinte fase, a anterior as Series do Xapón, caeron ante os Hokkaido Nippon-Ham Fighters por 4−1. Tras a eliminatoria Nomura anunciou a súa retirada aos 74 anos.

Para a temporada 2010 contratouse como adestrador ao estadounidense Marty Brown, antigo técnico dos Hiroshima Toyo Carp. Con todo, foi despedido tras unha súa temporada tras finalizar os Eagles en último lugar. O seguinte en ocupar o banco sería o membro do Saón da Fama Senichi Hoshino, que permaneceu no equipo durante catro temporadas. Con Hoshino chegou o primeiro gran éxito da franquía. Na temporada 2013 o equipo acaba en primeiro lugar na Liga do Pacífico (82−59−3) e nos playoffs conseguen eliminar aos Chiba Lotte Marines (4−1), conseguindo así a súa primeira participación nas Series do Xapón. O debut nas Series non puido ser mellor, xa que conseguiron derrotar aos Yomiuri Giants por 4−3 tras vecer no sétimo e decisivo partivo (xogado no Estadio de Miyagi) por 3−0. O pitcher Manabu Mima foi nomeado mellor xogador das series.

NomesEditar

Tohoku Rakuten Golden Eagles é o único nome que tivo o equipo en toda a súa historia.[1] Alén do mesmo, o equipo é ás veces alcumado como Washi (鷲, aguias) ou Inuwashi (イヌワシ, aguias douradas).

  • Tohoku Rakuten Golden Eagles (2005−presente)

EstadioEditar

Artigo principal: Estadio de Miyagi.

Os Tohoku Rakuten Golden Eagles xogan como locais desde a súa fundación en 2005 no Estadio de Miyagi (宮城球場 Miyagi Kyūjō?), actualmente coñecido por motivos de patrocinio como Rakuten Seimei Park Miyagi (楽天生命パーク宮城 Rakuten Seimei Pāku Miyagi?). Anteriormente tivo os nomes de Fullcast Stadium Miyagi (フルキャストスタジアム宮城 Furukyasuto Sutajiamu Miyagi?) (2005−2007), Kleenex Stadium Miyagi (クリネックススタジアム宮城 Kurinekkusu Sutajiamu Miyagi?) (2008−2011), Estadio da Industria Papeleira do Xapón Kleenex Miyagi (日本製紙クリネックススタジアム宮城 Nippon Seishi Kurinekkusu Sutajiamu Miyagi?) (2011−2013), Rakuten Kobo Stadium Miyagi (楽天Koboスタジアム宮城 Rakuten Kobo Sutajiamu Miyagi?) (2014−2016) e Kobo Park Miyagi (Koboパーク宮城 Kobo Pāku Miyagi?) (2017). O recinto, inaugurado o 5 de maio de 1950, conta con capaciade para 30.508 espectadores. Ante de ser utilizado polos Golden Eagles, foi o estadio local dos Lotte Orions da Liga do Pacífico entre 1973 e 1977. No ano 2011 o Estadio de Miyagi foi gravemente danado debido ao asolagamento producido polo terremoto e tsunami de Sendai.[2]

XogadoresEditar

 
Senichi Hoshino.

Dorsais retiradosEditar

Dorsais retirados polos Tohoku Rakuten Golden Eagles
Xogador Posición Período
10 Seareiros do equipo (o número é levado pola mascota)
77 Senichi Hoshino Adestrador 2011–2014

Xogadores MLBEditar

País Xogador Posición Temporadas no equipo
  Kazuo Fukumori Pitcher 2005–2007, 2009–2010
  Hisashi Iwakuma Pitcher 2005–2011
  Masahiro Tanaka Pitcher 2007–2013

CanciónsEditar

 
O grupo ℃-ute.

Alén das cancións oficiais do club: Habatake Rakuten Eagles (羽ばたけ楽天イーグルス?) e Dangerous Fight!, os Golden Esgles teñen varias cancións de apoio oficiais:

  • The Manpower!!! (THE マンパワー!!!?) (2005). A primeira canción de apoio oficial dos Golden Eagles. Foi escrita por Tsunku e gravada e publicada como un sinxelo polo grupo de "idiols" de J-pop Morning Musume.
  • Let's Go Rakuten Eagles (LET'S GO 楽天イーグルス?) (2006). Segunda canción de apoio oficial dos Golden Eagles. Foi escrita e composta por Tsunku e interpretada polo grupo de idols DEF.DIVA, grupo formado por tres ex-membros de Mornings Musume (Maki Goto, Natsumi Abe and Rika Ishikawa) máis Aya Matsuura.
  • Daisuki Rakuten Eagles (ダイスキ楽天イーグルス?) (2007). A terceira canción oficial foi tamén escrita e composta por Tsunku, mais esta vez interpretada por GAM, grupo formado por Aya Matsuura (antes DEF.DIVA) e Miki Fujimoto (antes Morning Musume).
  • Koero! Rakuten Eagles (越えろ!楽天イーグルス?) (2008). A cuarta canción oficial dos Golden Eagles, tamén composta por Tsunku. Foi gravada polo grupo de J-Pop ℃-ute.
  • Kurenai no Tsubasa (紅の翼?) (2009). Quinta canción, escrita e interpretada por Takao Horiuchi.
  • Jōnetsu Victory (情熱ヴィクトリー?) (2010). Interpretada por Mari Yaguchi, Nozomi Tsuji e Mai Satoda.
  • Kurnai no Tsubasa 2011: Sāikō tatakai no butai e (紅の翼 2011 〜さあ行こう戦いの舞台へ〜?) (2011). Composta e interpretada por Takao Horiuchi e cscrita por Tetsuhiro Shōji. Esta canción foi composta para ser utilizada en temporadas sucesivas.

NotasEditar

  1. "Tohoku Rakuten Golden Eagles". NPB.jp. 
  2. "Japan Pro Baseball and the Earthquake and Tsunami". The Rays Republic. 27 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 25 de maio de 2019. 

Véxase taménEditar