Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 174:
A autenticidade dun retrato anónimo en pastel, probablemente pintado despois de 1750 e atribuído a Gottlieb Friedrich ou Johann Philipp Bach, está conservado pola rama Meiningen da familia, non está totalmente garantida, así como a dun retrato dun grupo de músicos, pintado contra o ano 1733 por [[Johann Balthasar Denner]] (Internationale Bachakademie, [[Stuttgart]]), que mostra o que se supón que son Johann Sebastian e tres dos seus fillos. Unha copia deste cadro de grupo en mellores condicións permanece nunha colección particular no [[Reino Unido]].<ref name="Grove"/>
 
Sobre todos os outros retratos que sobreviven flotan dúbidas aínda máis serias, incluído un óleo de [[Johann Jacob Ihle]] (Bachhaus, Eisenach) datado en 1720 e que pretende mostrar a Bach como mestre de capela en Köthen, identificado como unha "imaxe de Bach" só en 1897; o de [[Johann Ernst Rentsch]] (Städtisches Museum, Erfurt), supostamente representando a Bach aos 30 anos, que saíu á luz en 1907 e non ten ningunha documentación crible, e o chamado "retrato na vellez" descuberto por [[Fritz Volbach]] en [[Maguncia]] en 1903 (colección privada en [[Fort Worth]]), que é pouco semellante aos outros retratos. De acordo con Gerberl, retratos probablemente auténticos pero que non sobreviviron eran propiedade da Condesa de Weissenfels e de [[Johann Nikolaus Forkel]]. Outro pastel propiedade de Carl Philipp tamén se perdeu.<ref name="Grove"/> Outro retrato, que supostamente pertenceu ao seu antigo alumno [[Johann Christian Kittel]], foi descuberto de novo no ano 2000 por Teri Noel Towe, que o presentou ao público como auténtico.<ref>{{cita conferencia |url=http://www.bach-cantatas.com/thefaceofbach/QCL00.htm |título=The Search for the Portrait that Belonged to Kittel |apelidos1=Towe |nome1=Teri Noel |data=21 de marzo de 2001 |páxina-web=Bach Cantatas Website |conferencia=The Queens College Lecture of March 21, 2001 |lingua=en}}</ref> En 2008 a antropóloga Caroline Wilkinson reconstruíu dixitalmente o rostro do compositor, a petición da Casa Museo de Bach en Eisenach, usando medidas do seu cranio e outras técnicas [[forense]]s.<ref>{{Cita novas|url=http://musica.uol.com.br/ultnot/efe/2008/02/28/ult1819u1225.jhtm|título=Rosto de Bach é reconstruído com uso de técnicas digitais e legistas|lingua=pt|axencia=EFE|data=28 de febreiro de 2008|data-acceso=3 de xullo de 2015|xornal=UOL-música|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150911154325/http://musica.uol.com.br/ultnot/efe/2008/02/28/ult1819u1225.jhtm|dataarquivo=11 de setembro de 2015|urlmorta=si}}</ref>
 
== Obra ==