Editorial Citania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 6:
A Editorial Citania fundouse en 1957, coincidindo coa fin do labor de [[Luís Seoane]] en [[Ediciones Galicia]] e nunha situación de afianzamento económico do artista. Nunha carta a [[Francisco Fernández del Riego]], Seoane explicaba que abundaban entre os accionistas xente pobre e que, ademais de traballar gratis, el mesmo invertera parte dos seus aforros. O certo é que a editorial non fóra creada con fins económicos máis lonxe de aumentar o capital inicial para garantir a súa supervivencia.<ref>{{Versaleta|Costa}} (2014) [http://www.memoria.fahce.unlp.edu.ar/trab_eventos/ev.7440/ev.7440.pdf "Luis Seoane y el arte de editar: Rescate de 'Botella al Mar'"] {{Cómpre páxina}}</ref> Na presentación de Citania no programa radiofónico [[Galicia Emigrante]], Seoane falaba das subscricións como principal modo de venda, aínda que o número de subscritos alcanzado será mínimo.
 
O proxecto da Editorial Citania, aínda que naceu sen un programa definido, tivo como propósito promover os autores galegos censurados no país e os exiliados en [[América do Sur|América]]. En plena posguerra, a editorial era unha  continuación do traballo de artistas, escritores e demais personaxes galegos que perseguían a rexeneración e desenvolvemento da cultura e arte da Galiza tras a [[Guerra civil española]] mediante editoriais (Nova, Emecé, Alborada), programas de radio (Galicia Emigrante, A hora Iberoamericana), traballos xornalísticos etc. Tal e como o dicía Seoane, esta era unha obra ''"de divulgación cultural (...) para engrandecer o nome de Galicia nas repúblicas americanas." "Non se trata dunha empresa interesada en favorecer a este ou a outro núcleo partidista da colectivididade, a un ou a outro ideal. Trátase dunha empresa que non ten máis programa que o de facer coñecer entre propios e estranos o espíritu de Galicia".'' <ref>{{Versaleta|Gerhardt}} (2015). [http://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/viewFile/48569/4537 "Asociacionismo gallego y mercado del libro en la Buenos Aires del medio siglo: dos proyectos editoriales de Luís Seoane"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20181230234117/http://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/viewFile/48569/4537 |date=30 de decembro de 2018 }}</ref>
 
Como moitas das editoriais galegas no exilio{{Cómpre referencia}}, Citania viu o seu fin en 1959 (nun contexto, ademais, de declive do ámbito editorial) debido as escasas vendas das súas publicacións de literatura galega, sen fixar un mercado autóctono americano ou inmigrante. Seoane dirixíase así a Díaz Dorado: ''“languidece, a pesar de nuestros esfuerzos”'' <ref>[http://epistolarios.consellodacultura.gal/ramon-pineiro/tematicas.php?tematica=3314&a=3099&d=3708 As cartas de Ramón Piñeiro sobre a Editorial Citania]{{Ligazón morta|data=outubro de 2018 }}</ref>.
Liña 62:
* {{Versaleta|Blanco Rosas, Jesús J.}} (2010). [http://libreriaabrente.es/wp-content/uploads/2014/10/3179-thickbox_default-galicia-emigrante-prensa-e-radio-no-exilio-galego-3179-e1469730645726.jpg ''Galicia Emigrante. Prensa e radio no exilio galego''. A pegada de Luís Seoane] [[Edicións A Nosa Terra]].
* {{Versaleta|Costa, María Eugenia}} (2014). [http://www.memoria.fahce.unlp.edu.ar/trab_eventos/ev.7440/ev.7440.pdf "Luis Seoane y el arte de editar: Rescate de 'Botella al Mar'"]. III Congreso Internacional de Literatura y Cultura Españolas Contemporáneas.
* {{Versaleta|Gerhardt, Federico}} (2015). [https://web.archive.org/web/20181230234117/http://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/viewFile/48569/4537 "Asociacionismo gallego y mercado del libro en la Buenos Aires del medio siglo: dos proyectos editoriales de Luís Seoane"] ''[[Madrygal. Revista de estudios gallegos]]'' n.º 18.
* {{Versaleta|González-Millán, Xoán}} (2002) [https://muse.jhu.edu/article/378586/summary "El exilio gallego y el discurso de la restauración nacional"] ''Arizona Journal of Hispanic Cultural Studies'' 6.
* {{Cita enciclopedia |artigo=Editorial Citania |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |id=ISBN 84-87804-88-8 }}