Apoderamento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m {{semcat}}{{semiw}}{{links internos}}
Lameiro (conversa | contribucións)
algunha corrección
Liña 1:
A '''estratexia do empoderamento''' xurde das organizacións de mulleres dos países en desenvolvemento e consiste nun proceso mediante o cal as mulleres, individual e colectivamente, toman conciencia sobre a discriminación de xénero e gañan capacidade para participar e decidir en maior medida sobre as súas posibilidades vitais e as das súas comunidades.
 
O empoderamento non supón un proceso de suma cero polo cal unhas gañan poder exclusivamente en detrimento do poder doutros. Existen diferentes dimensións do empoderamento:
 
*'''Cognitiva''': a comprensión de que as condicións de subordinación das mulleres non son naturais, o coñecemento das súas causas e alternativas. Inclúe o coñecemento sobre a sexualidade, o traballo reproductivoreprodutivo e os dereitos.
*'''Psicolóxica''': a superación das propias autolimitacións que se impoñen as mulleres (opresión internalizada), a través do desenvolvemento da autoestima e a autoconfianza.
*'''Económica''': o acceso ao traballo remunerado, ao ingreso e á independencia económica en xeral.
*'''Política''''': supón a capacidade de analizar a realidade en termos políticos e sociais, organizarse e promover cambios sociais.
 
{{semcat}}{{semiw}}{{links internos}}