Bosnia e Hercegovina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xanetas (conversa | contribucións)
Engado Alto Representante
Liña 16:
| idiomas = [[Lingua bosníaca|Bosníaco]], [[Lingua serbocroata|serbocroata]], [[Lingua croata|croata]]
| goberno = [[Federación|República federal]]
| dirixentes_títulos =[[Xefe de estado|Xefes de estado]]

Membro bosníaco
Membro serbio
Membro croata
[[Alto Representante para Bosnia e Hercegovina|Alto Representante]]
| dirixentes_nomes = [[Presidencia de Bosnia e Hercegovina|Presidencia colexiada]]
[[Šefik Džaferović]]
[[Milorad Dodik]]
[[Željko Komšić]]
[[Valentin Inzko]]
| fundación = [[Independencia]] de [[República Federal Socialista de Iugoslavia|Iugoslavia]]
| fundación_fitos =
Liña 99:
Despois do nivel dos cantóns están os concellos. A Federación de Bosnia e Hercegovina está dividida en setenta e catro municipios, e a República Serbia en sesenta e tres. Os municipios tamén teñen o seu propio goberno local, normalmente con sede na cidade máis importante do seu territorio. Como tal, moitos municipios teñen unha longa tradición e historia coas súas fronteiras actuais. Algúns outros, con todo, só foron creados como consecuencia da recente guerra despois de que algúns dos municipios tradicionais foran divididos durante as [[guerras iugoslavas]]. Ademais das entidades, os cantóns e as municipalidades, Bosnia e Hercegovina tamén ten catro cidades oficiais, [[Banja Luka]], [[Mostar]], [[Saraxevo]], e [[Saraxevo|Saraxevo Oriental]]. O territorio e o goberno das cidades de Banja Luka e Mostar corresponde aos municipios do mesmo nome, mentres que as cidades de Saraxevo e Saraxevo Oriental oficialmente constan de varios municipios.

Como resultado dos [[Acordo de Dayton|Acordos de Dayton]], a aplicación da paz civil é supervisada polo [[Alto Representante para Bosnia e Hercegovina]], seleccionado polo Consello de Aplicación da Paz. O Alto Representante ten moitos poderes executivos e lexislativos, incluíndo o despedimento de funcionarios electos e non electos. Máis recentemente foron estabelecidas varias institucións centrais (como o Ministerio de Defensa, o Ministerio de Seguridade, o Tribunal do Estado etc) no proceso de transferencia de parte da xurisdición das entidades do estado.

A [[Presidencia de Bosnia e Hercegovina]] rota entre tres membros (un [[Pobo bosníaco|bosníaco]], un [[Pobo serbio|serbio]] e un [[Pobo croata|croata]]), cada un exerce como Presidente durante un prazo de oito meses dentro do seu mandato de catro anos como membro. O tres membros da [[Presidencia de Bosnia e Hercegovina|presidencia]] son elixidos directamente polo pobo (o croata e o bosníaco pola Federación e o serbio pola [[República Serbia]]). A Asemblea Parlamentaria representa ó poder lexislativo de Bosnia e Hercegovina. Consta de dúas cámaras: a Casa dos Pobos e a Casa de Representantes. A Casa dos Pobos conta con quince delegados, cinco da República Serbia e dez da Federación de Bosnia e Hercegovina, dos cales cinco son bosníacos e cinco croatas. A Casa de Representantes conta á súa vez con catorce membros da República Serbia e vinte e oito membros da Federación (catorce bosníacos e catorce croatas).