Tempos Novos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 14:
A súa fundación tivo lugar nun acto celebrado no [[Instituto Galego de Información]] o 11 de xaneiro de 1997, onde "''cento cincuenta persoas converxeron nunha sociedade anónima coa pretensión declarada de crearen medios de comunicación alternativos e de calidade. Un colectivo plural, representativo da diversidade de tendencias e sensibilidades que configuran a nosa realidade política, cultural e social máis comprometida''".<ref>[http://temposdixital.com/quen-somos/ Quen somos?]</ref>
 
Ao longo dos seus vinte anos recentemente cumpridos a revista pasou por diferentes etapas sen renunciar nunca aos seus alicerces fundamentais: o idioma galego, o compromiso coa información libre e unha aposta clara polo xornalismo de calidade.<ref>{{Cita web|url=http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/entrevista-a-luis-alvarez-pousa|páxina-web=www.crtvg.es|título=Entrevista a Luís Álvarez Pousa {{!}} CRTVG|data-acceso=2018-01-23}}</ref> Así, as súas páxinas acollen desde sempre análises da actualidade sociopolítica e cultural, con seccións para a música, a arte, o teatro, os libros e o humor gráfico.
 
Tempos Novos é unha revista editada en papel, cunha aposta clara por este formato, polo que non ten versión dixital, pero si unha páxina web, [http://temposdixital.com/ Tempos Dixital], cun consello de redacción formado por [[Comba Campoy]], [[Paulo Carlos López]], Sara Torreiro, Fran Martínez Hidalgo, Duarte Romero Varela, Denís Fernández Méndez, María Villamarín e Cibrán Tenreiro Uzal.