Enzima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
xa estaba ligada no mesmo parágrafo
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Especificidade: faltaba un r
Liña 54:
Os enzimas posúen en xeral unha elevada especificidade en relación ás reaccións que catalizan e aos substratos implicados nelas. A conformación tridimensional, a carga e outras características [[hidrófilo|hidrofílicas]]/[[hidrofobia|hidrofóbicas]] da proteína son responsables desta especificidade. Os enzimas exhiben tamén niveis altos de [[estereoespecificidade]], [[rexioselectividade]] e [[quimioselectividade]],<ref>Jaeger KE, Eggert T. (2004). "Enantioselective biocatalysis optimized by directed evolution.". Curr Opin Biotechnol. 15(4): 305–313. PMID 15358000</ref> chegando a poder distinguir ás veces entre a [[enantiómero|forma α e β]] dun substrato. A vantaxe desta especificidade é a formación do produto que se precisa sen que se xeren outros secundarios.
 
Algúns dos enzimas máis precisos e específicos interveñen na copia e expresión do xenoma. Estes enzimas posúen mecanismos de ''[[proof-reading]]'' (corrección de eroserros de lectura). Un destes casos é a [[ADN polimerase|DNA polimerase]], que cataliza unha reacción nun primeiro paso, para de seguida confirmar, nun segundo paso, se o produto é o correcto.<ref>Shevelev IV, Hubscher U. (2002). "The 3' 5' exonucleases.". Nat Rev Mol Cell Biol. 3 (5): 364–376. PMID 11988770</ref> Este proceso en dúas etapas ten como resultado taxas de erro ínfimas, na orde dunha por cada cen millóns de reaccións, no caso de polimerases de [[mamífero]]s.<ref>Berg J., Tymoczko J. and Stryer L. (2002) Biochemistry. W. H. Freeman and Company [//gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Fontes_bibliogr%C3%A1ficas/0716749556 ISBN 0-7167-4955-6]</ref> Pódense atopar mecanismos de revisión semellantes na [[ARN polimerase|RNA polimerase]],<ref>Zenkin N, Yuzenkova Y, Severinov K. (2006). "Transcript-assisted transcriptional proofreading.". Science. 313: 518–520. PMID 16873663</ref> na [[aminoacil-ARNt sintetase|aminoacil-tRNA sintetase]]<ref>Ibba M, Soll D. (2000). "Aminoacyl-tRNA synthesis.". Annu Rev Biochem. 69: 617–650 PMID 10966471</ref> e mais nos [[ribosoma]]s.<ref>Rodnina MV, Wintermeyer W. (2001). "Fidelity of aminoacyl-tRNA selection on the ribosome: kinetic and structural mechanisms.". Annu Rev Biochem. 70: 415–435. PMID 11395413</ref>
 
Algúns enzimas que producen [[metabolito secundario|metabolitos secundarios]] son descritos coma ''promiscuos'', xa que poden actuar sobre un longo espectro de diferentes substratos. Ten sido suxerido que este tipo de especificidade elongada é importante nos procesos de evolución de novas vías de biosíntese.<ref>Firn, Richard [http://www-users.york.ac.uk/~drf1/rdf_sp1.htm The Screening Hypothesis - a new explanation of secondary product diversity and function] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20061031063451/http://www-users.york.ac.uk/~drf1/rdf_sp1.htm |date=31 de outubro de 2006 }}</ref>