Esqueleto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{cite book → {{Cita libro (4), {{cite web → {{Cita web (4), {{cite journal → {{Cita publicación periódica, {{Cite news → {{Cita novas
Liña 34:
 
=== Esqueleto externo ===
Os sistemas externos soportan proporcionalmente menos peso que os endoesqueletos do mesmo tamaño; por esta razón os animais máis grandes, coma os [[vertebradovertebrados]]s, teñen sistemas esqueléticos internos.
 
Os principais exemplos de exoesqueleto atópanse entre os [[artrópodoartrópodos]]s, algúns [[invertebrado]]s, nos que o exoesqueleto forma unha casca ou estrutura externa que protexe ós órganos internos.
 
Tendo en conta que os exoesqueletos limitan obviamente o crecemento do animal, as especies con esta característica desenvolveron evolutivamente variadas solucións. A maioría dos moluscos teñen cunchas calcáreas que acompañan ó crecemento do animal mediante crecemento no [[diámetro]] mantendo a súa morfoloxía. Outros animais, tales coma os [[artrópodo]]sartrópodos, abandonan o vello exoesqueleto ó medrar, proceso que se coñece como "muda". O novo exoesqueleto endurécese mediante procesos de calcificación e esclerotización.
 
O exoesqueleto dun artrópodo presenta frecuentemente extensións internas, que se coñecen como endoesqueléticas, aínda que non constitúan verdadeiramente un endoesqueleto.