Acción Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 3:
 
== Inicios ==
[[Ficheiro:Acción Gallega, 15 de enero de 1910.jpg|miniatura|''Acción Gallega'', n.º 1.]]
A súa orixe sitúase no axitado ano de [[1909]]. Nese ano, un grupo de políticos, intelectuais e xornalistas galegos residentes en [[Madrid]] reuníanse, día tras día: Eran [[Basilio Álvarez]], [[Alfredo Vicenti]], [[Manuel Portela Valladares]], [[Enrique Peinador]], [[Luís Antón del Olmet]], [[Prudencio Canitrot]], [[Alfonso Alcalá Martín]], [[Ricardo Vilariño]], [[Rafael Carvajal]], [[Cánovas Cervantes]], [[Eloy Páramo]], etc. O tema de discusión constante era o das loitas agrarias en Galiza; concretamente o da liberación do campesiño e, máis en xeral, do país galego. Acción Gallega concibiuse como movemento no contexto destes homes e destas preocupacións. O [[15 de xaneiro]] de [[1910]] o movemento deu a primeira sinal pública de existencia, coa aparición da revista ''[[Acción Gallega (revista)|Acción Gallega]]'', subtitulada ''Revista Quincenal. Defensora de los intereses regionales'', na que o estilo inconfundíbel de Basilio Álvarez quedaba claramente reflectido. A parte desta campaña periodística, iniciouse tamén un programa de mitins e de accións de diverso carácter. Acción Gallega enlazou coas sociedades de labregos de [[Ribadeo]], [[Riotorto]], [[A Fonsagrada]], [[Becerreá]], etc.