Lucio Urtubia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 7:
Recrutado para o servizo militar, axiña descubriu a facilidade para realizar contrabando na fronteira hispano-francesa. Máis tarde, con outros compañeiros do servizo, desvalixou un almacén da compañía onde prestaba o servizo militar. Ó ser descuberto, desertou e fuxiu a [[Francia]] en 1954, xa que os delitos cometidos podían levar aparellada a [[pena de morte]].
 
En [[París]] comezou a traballar de [[albanel]], oficio que o acompañou toda a súa vida. Comezou a relacionarse coas Mocidades Libertarias da [[Fédération Anarchiste]], radicada en París, en principio para aprender o idioma, pero máis tarde plenamente convencido polas relacións que alí iniciou, que incluían entre outros a [[André Breton]] e a [[Albert Camus]].<ref name=":1">{{Cita web|url=https://elpais.com/diario/2007/11/11/eps/1194765361_850215.html|páxina-web=elpais.com|título=El albañil que estafó al mayor banco del mundo|data-acceso=02-05-2019|apelidos=Duva|nome=Jesús|data-publicación=08-11-2007|lingua=es}}</ref>
 
Ó pouco tempo de vivir en París pedíuselle que escondese a un membro do [[Maquis (guerrilla antifranquista)|maquis]] [[Franquismo|antifranquista]] na súa casa. O refuxiado resultou ser o mítico [[Francesc Sabaté Llopart|Quico Sabaté]], co que compartiu casa durante varios anos,<ref>Urtubia (2008), p. 74</ref> ata a morte deste:
{{Cita|Para Lucio, Quico era o seu deus, o seu mestre do anarquismo|Bernard Thomas}}
Sabaté facilitoulle enderezos de familias e libertarios exiliados en [[Tolosa, Francia|Tolosa]], [[Perpiñán]], París e de membros que seguían en activo da antiga [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]] española en [[Barcelona]], [[Zaragoza]], [[Madrid]] e [[Pamplona]]. Lucio, ante a detención e encarceramento de Quico, empezou a emulalo realizando incursións en territorio español; posteriormente emprendeu unha serie de roubos e atracos por Europa, para conseguir fondos para a causa revolucionaria, acompañado pola súa inseparable metralladora Thompson, herdada de Sabaté á morte deste.<ref name=":1" /> Máis tarde abandonaría estas actividades "por miedo a hacerle daño a los empleados de los bancos".
 
=== Falsificador ===
Xa anteriormente comezara a súa actividade de falsificador, de maneira que non había guerrilleiro ou exiliado político que non tivese documentos falsos saídos da man de Lucio. Uniuse con outros compañeiros libertarios nos anos 60 para falsificar moeda, coa que financiaban a numerosos grupos por todo el mundo, á vez que procuraban desestabilizar as economías capitalistas. Subseguintemente con estas actividades, en plena invasión da [[Invasión de Baía de Cochinos|Baía de Cochinos]], propuxo á embaixadora de [[Cuba]] en [[Francia]], [[Rosa Simeón]], destruír con explosivos intereses estadounidenses en [[Francia]], ó que esta se negou. Porén, resultou tentada coa proposta que lle fixo de falsificación masiva de dólares americanos, dos que lle levaba unha mostra. Foi entón cando a embaixadora mediou para presentarlle ó [[Che Guevara]] en 1962, ó que lle presentou o seu plan de falsificación a gran escala de dólares, sendo rexeitado por el mesmo, naquel momento Ministro de Interior da Revolución Cubana.<ref name=":1" /> Saíu Lucio desencantado da reunión, o Che dixéralle que os EE.UU. seguirían sendo ricos malia todo, decatándose de que o revolucionario [[Arxentina|arxentino]] empezaba a estar cansado do rumbo que tomaba a política na illa.
 
O seu golpe mestre e que lle cambiou a vida foi a falsificación de cheques do First National City Bank of America, actual CitiBank (daquela o maior banco do mundo),<ref>{{Cita web|url=https://www.diariodenavarra.es/noticias/mas_actualidad/television/2015/05/03/el_programa_salvados_entrevista_anarquista_navarro_lucio_urtubia_212995_1036.html|páxina-web=diariodenavarra.es|título='Salvados' entrevista al anarquista navarro Lucio Urtubia|data-acceso=13-03-2019|data-publicación=03-05-2015}}</ref> dos que realizou 8.000 follas de 25 cheques de 100 dólares cada un,<ref name=":1" /> co que estivo a piques de facer quebrar o banco,<ref name=":0">Batista (2015)</ref> que sufriu unha importante caída na súa cotización en bolsa. Este diñeiro foi empregado, como sempre, na axuda de movementos guerrilleiros en Latinoamérica ([[Tupamaros]], [[Montoneros]] etc.), á vez que conseguía axeonllar ó banco. A prensa española encheu os seus titulares con frases como «o bandido bo» ou «o raposo vasco».​ Malia a espectacularidade da falsificación, só foi condenado a 6 meses de cárcere, mercede á axuda que lle prestaron case tódolos avogados progresistas de [[Francia]], e a un acordo extraxudicial co First National City Bank, que foi forzado a retirar os cargos a cambio das planchas de gravación.
 
A súa vida foi unha continua aventura: cinco ordes internacionais de busca, incluída a [[Central Intelligence Agency|CIA]]; preparou o secuestro do [[Nazismo|nazi]] [[Klaus Barbie]] en [[Bolivia]], colaborou na fuga do líder dos [[Panteras Negras|Panteiras Negras]], intercedeu no secuestro de [[Javier Rupérez]],<ref name=":0" /> mediou no caso de [[Albert Boadella]] (a quen lle falisificou o pasaporte para que puidera escapar da condena, en 1977, nun [[Consello de guerra]] por representar, en 1974, co grupo teatral [[Els Joglars]] a execución do anarquista Puig Antich,<ref name=":0" /> simpatizou cos Grupos Autónomos de Combate-[[Movimiento Ibérico de Liberación]] e cos posteriores [[Grupos de Acción Revolucionaria Internacionalista]] (GARI), sobre todo cun dos seus membros franceses, [[Jean-Marc Rouillan]]...