Redondela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Liña 1.157:
O núcleo urbano redondelán ten unha importancia relevante ao ser o lugar de unión das vías férreas procedentes do eixo norte-sur galego (liña [[Vigo]]-[[Santiago de Compostela|Santiago]]-[[A Coruña]]) e mais das vías férreas procedentes de [[Ourense]] e do resto da [[Península ibérica|península]]. Así, a [[Estación de Redondela]] é unha estación de paso obrigatorio para a meirande parte dos convois que circulan en Galicia.
 
Ademais da estación de Redondela (que oficialmente se coñeceu coma ''Redondela de Galicia'' ate 2013), o concello conta con outras tres estacións ou apeadoiros: a [[estación de Cesantes]], un apeadoiro na [[Cesantes, Redondela|parroquia homónima]]; a [[estación de Redondela-Picota]], un pequeno apeadoiro sito no centro urbano da vila; e a [[estación de Chapela]], sita no casco urbano de Chapela; e dende o ano 2015 está en funcionamento a [[estación de Redondela AV]].
 
{| class="wikitable" style="font-size:97%; text-align:center;"
Liña 1.185:
A parroquia de [[Chapela, Redondela|Chapela]] benefíciase da súa situación xeográfica limítrofe con Vigo, xa que unha das súas liñas regulares, a liña C3, ou Circular 3 do transporte urbano de Vigo [[Vitrasa]], comunica a cidade olívica coa parroquia de [[Chapela, Redondela|Chapela]] dando servizo nas dúas avenidas principais: Avenida de Vigo e Avenida de Redondela. Ambas as dúas avenidas comunícanse no Alto da Encarnación, que é á vez unha das paradas terminais da liña circular.
 
A vila de [[Redondela]] tamén conta con buses que a conectan coa cidade de Vigo grazas a unha concesión da empresa Autos González.
;Bicicleta
Redondela conta cun servizo de alugueiro de [[bicicleta]]s con varias estacións ao longo de todo o casco urbano. Segundo o dito pola Unidade de Aforro e Enerxía do [[Instituto Enerxético de Galicia]] (INEGA), o obxectivo era promover a substitución do coche pola bicicleta nos traxectos curtos dentro do propio concello.
 
En total, posúe un parque de 70 bicicletas máis 45 de reserva.<ref>{{cita web |url=http://www.farodevigo.es/comarcas/2009/07/15/comarcas-prestamo-bicicletas-redondela-realizara-traves-telefono-movil/348628.html|título=El préstamo de bicicletas en Redondela se realizará a través del teléfono móvil |editorial=Faro de Vigo|data=15 de xullo de 2009|dataacceso=4 de xaneiro de 2014}}.</ref> Existen á disposición dos usuarios cinco bases arredor do concello: no Multiusos da Xunqueira, na Piscina Municipal, na Alameda de Chapela e nas praias de Arealonga e de Cesantes.
 
==== Infraestruturas portuarias ====