Mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (3)
m Evento da grande oxidación
Liña 15:
Debido o actual estado da [[deriva continental]], o [[hemisferio norte]] configúrase cunha división equitativa entre a terra e o mar (con unha proporción de 2:3), mentres que no [[hemisferio sur]] é predominantemente oceánico (1:4,7)<ref name="reddyornot">Reddy, M.P.M. (2001) [http://books.google.com/books?id=2NC3JmKI7mYC&lpg=PA112 ''Descriptive Physical Oceanography'']. p. 112. A.A. Balkema, Leiden. ISBN 90-5410-706-5.</ref>. A [[#Auga do mar|salinidade]] en alta mar é, en xeral, de aproximadamente o 3.5% da masa, non obstante iso varia en augas pechadas, na proximidade da desembocadura de grandes [[río]]s ou a grandes profundidades. Preto do 85% dos sólidos en mar aberto son [[cloruro de sodio]]. As [[Circulación termohalina|correntes de augas profundas]] xorden a partir de diferenzas salinas e de [[temperatura]]; as [[#Correntes|correntes de superficie]], á súa vez, están formadas polo rozamento das [[#Ondas|ondas]] producidas polos [[vento]]s e [[#Mareas|mareas]]. Os cambios na altura do [[#Nivel do mar|nivel do mar]] orixínanse a partir da [[gravidade]] da [[Lúa]] e do [[Sol]]. As [[corrente mariña|correntes mariñas]] son atribuída ás masas de terra [[#Costas|de superficie]] e [[#Bacias|submarinas]] así como a [[rotación da Terra]] ([[Forza de Coriolis]]).
 
Antigos cambios nos niveis mariños provocaron a formación de [[Plataforma continental|plataformas continentais]], [[área]]s planas próximas á terra. Estas augas son ricas en [[nutriente]]s, e abundantes en [[#Vida mariña|vida]], provendo aos [[Ser humano|humanos]] de materias esenciais para a súa [[#Alimento|alimentación]] -sobre todo [[peixe]]s, pero tamén [[marisco]]s, [[Mamíferos mariños|mamíferos]] e [[macroalga]]s, por exemplo- que se [[Pesca|recollen]] tanto en estado salvaxe como [[Acuicultura|cultivados en viveiros]]. En áreas [[Trópico|tropicais]] moi diversas os mares rodean grandes [[Arrecife de coral|arrecifes de coral]]. A [[caza de baleas]] foi unha actividade moi común, pero a redución das cifras destes [[Balea|animais]] induciu a aparición de [[Convención internacional para a regulación da actividade baleeira|esforzos internacionais de conservación]] e unha consecuente moratoria á maior parte da caza comercial. A [[oceanografía]] estableceu que non toda a forma de vida marítima está restrinxida a [[Peláxico|augas de superficie iluminada polo Sol]]; mesmo a [[Zona hadal|grandes profundidades e presión]], os nutrientes que flúen de [[Fonte hidrotermal|fontes hidrotermais]] manteñen o seu propio e [[extremófilo|único ecosistema]]. [[Abioxénese|A vida]] pode que comezara alí neses lugares, xa que os [[microorganismo]]s acuáticos están xeralmente acreditados como o [[Evento da grande oxidación|grande evento de osixenación]] da [[atmosfera terrestre]]<ref>{{Cita web|autor=H.D. Holland |ano=(2006) |url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/16754606 |título=The oxygenation of the atmosphere and oceans |obra= ''Philosophical Transactions of The Royal Society B'' |volume= 361 |número=1470 |páxinas= 903-915 |doi= 10.1098/rstb.2006.1838|dataacceso= 5 de xaneiro do 2016 |lingua=en}}</ref>. Crese que tanto [[Historia evolutiva das plantas|vexetais]] como [[Animal|animais]] terían [[Historia evolutiva da vida|evolucionado]] a partir dos mares.
 
O mar é un dos elementos esenciais do [[# Comercio|comercio]], do [[#Transporte|transporte]], da [[# Industrias extrativistas|extracción mineral]], de [[# Xeración de enerxía|xeración de enerxía]]. Isto tamén fai que sexa esencial para as guerras, ademais, e é un factor determinante na exposición de grandes cidades e poboacións a [[terremoto]]s e [[volcán]]s debido a [[Falla|fallas xeolóxicas]] próximas que poden producir grandes [[onda (mar)|ondas]] e [[#Tsunamis|tsunamis]]; así como dos [[ciclón]]s e [[furacán]]s producidos nas [[Trópico|zonas tropicais]].