Axuda:Como redireccionar unha páxina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Substitución da categoría "COMOs" pola categoría "Wikipedia:COMOs"; cambios estética
 
Liña 8:
Cando se [[Axuda:Como trocar o nome dunha páxina|move unha páxina]] a outra con outro título, este código aparece automaticamente na páxina orixinal. Para mover unha páxina, cómpre estar rexistrado e ter accedido ao sistema previamente: entón aparecerá unha [[Lapela (informática)|lapela]] "mover" entre a de "vixiar/deixar de vixiar" e a caixa de procura.
 
=== Redireccións a evitar ===
Hai que ter coidado en non crear '''redireccións dobres''', isto é, que a páxina de redirección apunte para outra que tamén sexa unha redirección. Existe unha [[Especial:Redireccións dobres|listaxe de direccións dobres]], así como unha de [[Especial:Redireccións rotas|redireccións rotas]], que se producen cando se elimina ou move unha páxina para a que apunta outra. Neste caso hai que volver definir na páxina de redirección cal é a páxina cara á que debe apuntar.
 
As redireccións dobres créanse moitas veces ao mover unha páxina e non modificar a ligazón nova en todas as páxinas que apuntaban para ela. Para evitar isto, preme en '''''Páxinas que ligan con esta''''' (a primeira opción da ''caixa de ferramentas'' da esquerda) desde a páxina que contén a redirección e vai unha por unha por todas as páxinas actualizando a ligazón nova.
 
Tamén hai que evitar as denominadas '''autorredireccións''', isto é un artigo que redirixe cara a si mesmo a través doutra redirección.
 
Por outra banda, as páxinas de redirección non se inclúen en ningunha '''[[Wikipedia:Categorías|categoría]]''', pois iso resultaría en entradas duplicadas para a mesma páxina.
Liña 19:
{{Volver á axuda}}
 
[[Categoría:Wikipedia:COMOs|Redireccionar unha paxina]]