Juan Gómez Tonel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
{{Atención|1=os contidos relativos ás ''Exequias da Raíña Margarida'' teñen que ir no artigo das ''Exequias da Raíña Margarida''|data=abril de 2019}}
Liña 11:
 
Sexa como for, o volume preparado por Gómez Tonel para a ocasión gozou de edición, a cal foi levada a termo en Compostela na imprenta de Xoán Pacheco. De todos os exemplares impresos, na actualidade só conservamos tres: un custodiado no Museo Británico (adquirido en 1892), outro na Biblioteca Nacional de Madrid (procedente do mosteiro de Alcobaça) e o terceiro (lixeiramente mutilado) na Biblioteca Xeral da [[Universidade de Santiago de Compostela]].
 
== Produción literaria ==
{{Atención|1=os contidos relativos ás ''[[Exequias da Raíña Margarida]]'' teñen que ir no artigo das ''[[Exequias da Raíña Margarida]]''|data=abril de 2019}}
[[Ficheiro:Relación de las Exequias que hico la real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria nra Señora descriptas y puestas en stilo por Ioan Gomez Tonel.pdf|miniatura|''Relación de las Exequias que hico la real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria nra Señora descriptas y puestas en stilo por [[Ioan Gomez Tonel]]''.]]
{{Artigo principal|Exequias da Raíña Margarida}}
O libro en cuestión consta de catro partes ou discursos. No primeiro deles, Xoán Gómez Tonel relata o proceso de elaboración dos preparativos das honras fúnebres, no segundo describe o túmulo real e mais o ornato fúnebre da capela e da igrexa, o terceiro discurso recolle as poesías lidas durante as honras funerarias e, finalmente, a cuarta parte explica cales foron as funcións desenvolvidas polas institucións participantes na celebración.
 
A través de Oración fúnebre, verdadeira  monografía das ceremonias funerais en todos os tempos e países, descubrimos o seu coñecemento das Sagradas Escrituras, da patria griega e latia, da obra de [[Eurípides|Eurípedes]], Aulio Gelio, [[Plutarco de Queronea|Plutarco]], [[Séneca]], [[Homero]], Cicerón, Juvenal, [[Tertuliano]], Valerio Flaco, Pompeyo Trogo, San Isidro e San Agustín.
 
A produción poética de Gómez Tonel nas Exequias, é a seguinte: un Soneto a España llorosa, escrito en forma amanerada, fría, con aire culterano. A [[Epopea|Epopeya]] española, oito octavas reais que  sinalan certa reacción contra o gongorismo. Un soneto inspirado na interrogación de Don Pablo “¿En dónde está, oh muerte, tu victoria?” Un xogete lírico e gracioso titulado Poema de arte menor. La Glosa, en oito quintillas á cuarteta. Unha composición con alusións conceptuosas que o autor explica en notas, en prosa, titulada Enigma español.
 
Alén disto, Gómez Tónel escribe os sonetos “falda lírica”. Esta é a acertada denominación que o autor dalle ao estrambote. Un destos sonetos con falda está escrito en galego, e outros en forma dialogada. Esta obra é unha das poucas escritas en galegas que aínda conservamos. Polo que respecta á métrica, debemos dicir que o texto está composto en versos hendecasílabos, agás o primeiro, o cuarto e o sétimo da última estrofa, que son heptasílabos. Presenta a rima particularidade na última estrofa, pois alén de repetir con bastante liberdade a do terceto, introduce o pareado nas dúas últimas liñas. Canto ao dinamismo expresivo, o poema presenta unha andadura rápida na súa totalidade debido á súa escaseza de adxectivos, intensificando o ritmo da composición as enumeracións dos versos finais.
 
Desta maneira podemos concluír Soneto con falda, que  trata dun soneto cheo de imaxes metafóricas (as cales constitúen o centro dos elementos do imaxinario do poema), emparentado na temática de Vázquez de Neira, a pesar de que o desenvolvemento do tema é diferente. Trátase dunha elexía barroquizante inzada de paralelismos e contrastes e baseada no procedemento diseminativo-recolectivo habitual na época. O laio, prolongado nun estrambote de oito versos, contén unha significativa apreciación á “magoada Galicia”, revalorada, entre tanto clasicismo, dun sentimento de marxinación.
 
Gómez Tónel tamén ten sete composicións en latín, entre as que sobresaen Los blasones de la Casa de  Austria  e un poema que leva intercalado o “Carmen” Elegía a la [[Casa dos Austria|Casa de Austria]], en once dísticos encadeados ritmicamente. Por tanto, a última parte das Exequias está destinada a recoller as composicións latinas, moi importantes xa que son das obras conservadas dos Séculos Escuros. Vai encabezada por un proverbio latinado de Gómez Tonel. E figura en primeiro lugar un paso dramático do licenciado Pérez de Lara, escrito en prosa latina, titulado Dialogus miscelaneus, dramatización á maneira de auto sacramental, na que figuran como persoaxes un peregrino, un galego, o [[Apóstolo Santiago|Apóstol Santiago]] e [[España]], quenes dialogan canto ao falecemento de [[Margarida de Austria, duquesa de Savoia|Dona Margarita]].
 
Tamén publicase neste libro unha E''legía española'', composta de veinte octavas reais, na que o entoado estilo describe á raíña Margarita como unha persoa “ tan madura”, “qué juventud  tan sabia” e “qué sólida bondad”.
 
== Véxase tamén ==