Diccionario da literatura galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5113411 de 193.144.61.242 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
xa debería estar
Liña 26:
 
== Obxectivos ==
Este proxecto «pretende ofrecerlles ós lectores non só un compendio crítico e informativo da produción literaria galega e os seus autores, senón tamén unha análise dos diversos elementos que configuran o fenómeno literario realizada dende a nosa literatura»<ref name="WORLDCAT">{{Cita libro|título=Diccionario da literatura galega|url=https://www.worldcat.org/oclc/34669594|editorial=Editorial Galaxia|data=1995-1997 |lugar=Vigo|OCLC=34669594}} ISBNs: 8482880195, 848288137X e 8482883658.</ref>. Alén disto, a obra renova a tradición de dicionarios de literatura galega. O ''[[Diccionario de escritores en lingua galega]]'' (1992), de [[Francisco Fernández del Riego]], vai ser unha parte fundamental da bibliografía, xunto con títulos como ''[[Historia da literatura galega contemporánea]]'', de [[Ricardo Carballo Calero|Ricardo Carvalho Calero]].
 
== Tomos ==
Liña 47:
* O terceiro, ''Obras'', despois da relación de obras, formada por: nome da obra e autor -ou autora-, biografía do autor, contexto da obra e bibliografía. O tomo finaliza cun índice de autores.
 
* O último, ''Termos e institucións literarias'', abre cun apartado de termos literarios. Tras este, preséntase o corpus: definición, época, principais axentes e obras e bibliografía. Este tomo conta cun apartado final de cadros: métrica, cantigas medievais, literatura popular, xeracións e grupos poéticos do século XX.
 
=== Recepción crítica ===
A primeira entrega, ''[[wikipedia:Diccionario da literatura galega I Autores|Autores]]'', foi recensionada por [[Andrés Pociña]] no número 130 da [[Grial (revista)|revista Grial]], co artigo «Un diccionario literario galego como é debido». Neste faise unha comparación con obras anteriores da mesma liña: ''[[Historia da literatura galega contemporánea]]'' -de [[Carvalho Calero]]- abranguía un eido excesivo por considerar a autores e autoras en galego e castelán, ademais de considerar aqueles que escribiran obras relacionadas coa Galiza; e ''[[Diccionario de escritores galegos en lingua galega]]'' -de [[Francisco Fernández del Riego|Fernández del Riego]]- consideraba a escritores e escritoras en galego sobre calquera asunto, non se refería á produción puramente literaria. Fronte a isto, a obra coordinada por [[Dolores Vilavedra]] «está moi ben concebida, resulta bastante completa, e trata de manter sempre unha congruencia cos presupostos que se toman como base de traballo»<ref name=":0">{{Cita publicación periódica|apelidos=Pociña|nome=Andrés|data=1996|título=Un diccionario literario galego como é debido|PMC=|revista=Grial|doi=|ISSN=0017-4181|PMID=|volume=130|páxinas=272-274|número=130}}</ref>.
 
Emporiso, no artigo o autor destaca varios aspectos mellorábeis, como a ampliación da bibliografía ou como a adición das iniciais do ou da responsábel de cada entrada, mais di que «o conxunto presenta unha liña de traballo clara e convincente, no que estas pequenas tachas que lle apoño soamente son o resultado dunha lectura feita con moitísimo interese, e co coidado que merece unha obra tan importante, tan meritoria, tan ben realizada, tan útil e proveitosa para o estudo da nosa literatura galega»<ref name=":0" />.
 
== Notas ==
Liña 54 ⟶ 59:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
*Vilavedra, Dolores (coord.) (1995): ''Diccionario da Literatura Galega I: Autores.'' (Vigo: Galaxia). ISBN 8482880195
*Vilavedra, Dolores (coord.) (1997): ''Diccionario da Literatura Galega II: Publicacións periódicas''. (Vigo: Galaxia). ISBN 848288137X
*Vilavedra, Dolores (coord.) (2000): ''Diccionario da Literatura Galega III: Obras'' (Vigo: Galaxia). ISBN 8482883674
*Vilavedra, Dolores (coord.) (2003): ''Diccionario da Literatura Galega IV: Termos e Institución Literarias'' (Vigo: Galaxia). ISBN 8482886576