Roch Marc Christian Kaboré: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Roch Marc Christian Kaboré''', nado en [[Uagadugú]] o 25 de abril de [[1957]], é un político burkinense, Presidente de [[Burkina Faso]] dende o [[29 de decembro]] de [[2015]]. De 1994 a 1996 foi [[Primeiro ministro de Burkina Faso|Primeiro ministro]] e de 2000 a 2012 Presidente da Asemblea Nacional de Burkina Faso. Militou no Congreso para Democracia e Progreso (CDP) fundado polo entón presidente [[Blaise Compaoré]]. En xaneiro de 2014 abandonou o partido para fundar o Movemento polo Pobo e o Progreso (MPP).
 
Tras gañar as eleccións presidenciais o 29 de novembro de 2015 converteuse no primeiro mandatario civil elixido democraticamente dende que o goberno civil de [[Maurice Yaméogo]] fose derrocado e o país estivese dirixido por gobernos militares durante case 40 anos.