Caprinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 65:
Os ''Caprinae'' constitúen, para a maioría dos autores, o [[clado]] dos ''[[Aegodontia]]'' (bóvidos con dentes de cabra). Porén outros falan da subfamilia ''Caprini'', que formaría un clado dos ''[[Antilopinae]]'' ''lato sensu''.
 
Os caprinos resultaron dunha rápida adaptación, hai 11 millóns de anos, á vida nas montañas por redución dos seus metacarpos seguida polo illamento nos montes do mega arquipélago que había entre os mares Mediterráneo e Paratetis.<ref>
Anne Ropiquet & Alexandre Hassanin (2004): "Molecular phylogeny of caprines (Bovidae, Antilopinae): the question of their origin and diversification during the Miocene". ''Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research'' '''43''' (1): 49–60.
[http://www3.interscience.wiley.com/journal/120712655/abstract Resumo]{{Ligazón morta|data=abril de 2019 }}.
</ref>
 
A súa rápida radiación explica a dificultade de definir unha [[filoxenia|árbore filoxenética]] precisa dos ''Caprinae''. Distínguese claramente unha liña de ovibovinos que reúne os xéneros ''Ovibos'', ''Naemorhedus'' e ''Capricornis'', outra de ovinos (xéneros ''Ovis'' e ''Nilgiritragus'') da que o ''Budorcas'',<ref>Jonathan D. Margot (2007): "Molecular phylogeny of terrestrial artiodactyls". En Donald R. Prothero & Scott E. Foss, (eds.) ''The Evolution of Artiodactyls''. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins Universisy Press. ISBN 978-0-8018-8735-2</ref> ou o ''Myotragus''†,<ref>Carles Lalueza-Fox ''et al.'' (2005): "Molecular dating of caprines using ancient DNA sequences of ''Myotragus balearicus'', an extinct endemic Balearic mammal" [http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?artid=1325260 Ler en liña.]</ref> poderían ser os precursores, e, finalmente, a liña das cabras (''Capra'', ''Pseudois'' e ''Hemitragus''). Porén, non se atopou aínda a forma de situar aos xéneros ''Rupicapra'', ''Ammotragus'' e ''Oreamnos''.