Bangladesh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Liña 55:
Bangladesh é unha [[república parlamentaria]] cun parlamento electo chamado [[Jatiyo Sangshad]]. Cunha poboación de máis de [[Demografía de Bangladesh|160 millóns de persoas]] nun territorio de 147 570 km2, Bangladesh é o [[Lista de países por poboación|oitavo país do mundo máis poboado]], así como o estado máis densamente poboado do planeta. Os [[Pobo bengalí|bengalís]] son o grupo étnico maioritario do país, mentres que pobos indíxenas dos distritos do norte e do sueste son unha minoría diversa e significativa. A rexión do delta de Bengala ten un rico [[patrimonio cultural]]. As catro meirandes relixións do país son o [[islam]] (89%), o [[hinduísmo]] (9%), o [[budismo]] (1%) e o [[cristianismo]] (0.5%).
 
Bangladesh é considerada unha [[Próximos once|economía dos próximos once]]. De acordo coas [[Nacións Unidas]] no 2010, o país fixo a comezos do século XXI grandes esforzos de desenvolvemento humano, incluíndo significativos progresos nas áreas de igualdade de xénero, educación primaria universal, apoio á muller, redución do crecemento da poboación, produción de comida, saúde e enerxías renovables.<ref>United Nations Development Programme in Bangladesh: ''[http://www.undp.org.bd/info/events.php?newsid=734 HDR 2010 recognises Bangladesh's great progress over time] {{LigazónWebarchive|url=https://web.archive.org/web/20130115170804/http://www.undp.org.bd/info/events.php?newsid=734 morta|datadate=setembro15 de xaneiro de 20182013 }}''. 5 de novembro de 2010. Consultado o 25 de outubro de 2012.</ref><ref>{{cita novas |título=Meeting Millennium Development Goals |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/south_asia/8548923.stm |publisher=BBC News |dataacceso=25 de outubro de 2012}}</ref><ref>{{cita novas |título=Ban lauds Bangladesh’s progress on women’s and children’s health |url=http://www.un.org/apps/news/story.asp?NewsID=40399&Cr=maternal&Cr1#.UIK6m2_MjEU |work=UN News Center |publisher=United Nations |data=15 de novembro de 2011 |dataacceso=25 de outubro de 2012}}</ref> A porcentaxe de pobreza diminuíu considerablemente dende a independencia, e a renda per cápita duplicouse dende os valores de 1975. As grandes cidades como [[Dacca]] e [[Chittagong]] foron as principais responsables do recente crecemento. Porén, o páis continúa enfrontándose a numerosos problemas sociais e políticos, como a corrupción burocrática e política, a pobreza, a inestabilidade política, a superpoboación e a vulnerabilidade ó [[cambio climático]].
 
Bangladesh é un pioneiro e membro fundador de [[Asociación Surasiática para a Coperación Rexional|ASACR]]. É o maior contribuidor do mundo [[Bangladesh UN Peacekeeping Force|largest contributor]] das [[Cascos azuis|Forzas da paz das Nacións Unidas]]. É membro do [[D-8]], do [[BIMSTEC]] e da [[Commonwealth de Nacións|Commonwealth]], da [[Organización da Conferencia Islámica]], do [[Movemento de Países Non Aliñados]] e do [[Grupo dos 77|G-77]].