Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
m resposta
Liña 23:
--[[Usuario:Luis Reynaldos|Luis Reynaldos]] ([[Conversa usuario:Luis Reynaldos|conversa]]) 28 de marzo de 2019 ás 10:17 (UTC)Non creo que exista ningún conflito de interés: eu incorporeime a Wiki para facer artigos pero cada vez que deixo este por rematado hai a quen non lle gusta e volta e empezar, sen que poida facer outros. Neste artigo plásmase a biografía dun escritor bilingüe galego. O normal é que figuren os premios literarios recibidos, máis cando son recoñecidos polas institucións outorgantes, do que se pon polo xeral (aínda que non entendo por que os borraches), e cando por riba xustifícanse con referencias, aínda que non sempre as haia porque, ou ben son antigas e non hai un acceso doado, como no caso de hemerotecas cuio acceso é mediante pago, ou ben non existen na rede, como a participación en "Cablevisión na Canle 26 do Carballiño.[Verificar credibilidade]</ref>" porque non se poden poñer como referencia o feixe de horas de grabación recollidas en VHF, do mesmo xeito que non puxen como referencia as grabacións radiofónicas que verbo de el hai desde Onda Cero até na Radio Galega ou en RTVE. Por outra banda, como todo o mundo sabe, moitas convocatorias categorizan ós finalistas como premiados (Planeta, entre moitos outros exemplos), polo tanto se o interés é informar, non entendo por que borraches, por exemplo, todos os galardóns literarios como Finalista que recoñecen as editoras e institucións que llos outorgaron. Para rematar, referente a súa pertenza a Xeración dos 80, foi principiando a década que a crítica salientou o poemario Un silencio a cada noite (Bendaña, 83),como obra intimista e prometedora, o que refrenda Luis G. Tosar, responsable da revisión do texto orixinal. Cousa aparte é que nos seguintes 25 anos o señor Mosquera permanecera afastado e calado porque, como el mesmo dixo nun documento ó que tiven acceso "non tiña nada que dicir", o que tampouco é de todo certo porque consta que colaborou en publicacións na Alianza Francesa,o Servizo Cultural da Embaixada de Francia, a Obra social de Caixanova, ou os museos das Peregrinaciones amais a Casa da Parra, aparte da revista O Libredón da Casa Galega de Santander, en programas de festas, fanzines, ademáis de publicar unha ducia manuáis formativos. Espero que isto aclare as cousas porque o meu interese é aportar a maior información á Galipedia, e a Wikipedia tamén. Agardo a túa responsta, HombreDHojalata, para repoñer datos máis que xustificados no contexto dun autor literario. {{Sensinatura|Luis Reynaldos}}
::Ola Luis, tenta, se non supón ningun problema, asinar as mensaxes coa sinatura xusto ó final para evitarmos confusións ou mesmo axudar á comprensión e lectura dos teus comentarios. Éche só un conselliño. Gran labor na Galipedia, a seguir! [[Usuario:RubenWGA|RubenWGA]] ([[Conversa usuario:RubenWGA|conversa]]) 2 de abril de 2019 ás 19:10 (UTC)
 
Dacordo, RubenWGA, pensei que era ó principio. Grazas.Espero facer máis e mellores artigos, aínda que non teño claro o das imaxes. [[Usuario:Luis Reynaldos|Luis Reynaldos]] ([[Conversa usuario:Luis Reynaldos|conversa]]) 2 de abril de 2019 ás 21:30 (UTC)
 
== Imaxes ==