Cancioneiro da Biblioteca Nacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: ligazóns internas
Liña 3:
 
== Descrición ==
A compilación deste cancioneiro fíxose en [[Italia]] no final do [[século XV]] ou inicios do [[século XVI]] por encargo do humanista [[Angelo Colocci]]. Foi descuberto por [[Costantino Corvisieri]] e dapor [[Enrico Molteni]] na biblioteca familiar do conde Brancuti de Cagli; adquirido por [[Ernesto Monaci]], foi cedido polos seus herdeiros ao goberno portugués, que o conserva na Biblioteca Nacional de Lisboa (1924).
 
Este [[cancioneiro]] é un manuscrito cartáceo formado por 355 folios (numerados por Molteni) dun tamaño de 280 por 210 mm con diversas lagoas. Son en total seis transcritores (incluído Colocci) quen traballarían no manuscrito; tradicionalmente supúñase que foran tres, mais os últimos estudos de Anna Ferrari indican que non foi así. Colocci transcribiu da súa propia man moitas rúbricas e apostilas marxinais, tamén algunhas ''razós'' esquecidas polos copistas, ademais de numerar progresivamente os textos, ou ben reproducir unha numeración precedente, presentando numerosas lagoas e duplicacións. Foi copiado en Italia por amanuenses ibéricos e italianos e compilado por Colocci a partir doutro(s) manuscrito(s) que non se conservan. Os modelos dos apógrafos italianos puideron chegar a Italia na embaixada enviada por [[Manuel I de Portugal]] ao papa [[León X, papa|León X]] (1514) en que figuraba [[Garcia de Resende]]. Alí serían copiados dende o orixinal ou os orixinais por Colocci e o seu equipo, creando os volumes que se conservan.
 
Trátase do [[cancioneiro]] máis abundante no número de composicións, pois contén 1567 [[Cantiga|cantigas]] dos tres grandes xéneros duns 150 autores<ref>{{Versaleta|[[Henrique Monteagudo|Monteagudo, H.]]}} et al. (1998): ''Tres poetas medievais da ría de Vigo''. Ed. Galaxia, páxina 50</ref><ref>{{Versaleta|[[Xosé Ramón Pena|Pena, X. R.]]}} (2002): ''Historia da literatura medieval galego-portuguesa''. Sotelo Blanco, p. 105-106.</ref> Ademais, contén fragmentos dun tratado de poética trobadoresca, a [[Arte de trobartrovar]], e cinco [[lai]]s narrativos.
 
== Notas ==
Liña 17:
*''Cancioneiro da Biblioteca Nacional (Colocci-Brancuti) Cód. 10991''. Lisboa, Biblioteca Nacional / Imprensa Nacional - Casa da Moeda, 1982 (edición [[facsímile]]).
=== Outros artigos ===
* [[CancioneiroArte dade Ajudatrovar]]
*[[Cancioneiro da Ajuda]]
* [[Cancioneiro da Biblioteca Vaticana]]
=== Ligazóns externas ===