Arte de trovar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 1:
A '''''Arte de Trovar''''' é o primeiro texto que encontramos no [[Cancioneiro da Biblioteca Nacional|''Cancioneiro da Biblioteca Nacional'' (CBN)]]. É un pequeno tratado en prosa que versa sobre a arte galego-portuguesa, de autoría descoñecida. Esta composición resume de forma breve a poética trobadoresca, definindo xéneros e regras que deberían obedecer os [[Trobador|trobadores]] e os [[Xograr|xograres]].  Esta poética foi elaborada en [[Portugal]] no [[século XIII]] e conservada fragmentariamente no CBN. Pese a que é anónimo hai indicios de que foi escrita ou polo menos inspirada polo conde [[Pedro, conde de Barcelos|Don Pedro de Portugal, conde de Barcelos]].<ref>{{Cita libro|título=Arte de Trovar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Introdução, edição crítica e fac-símile|apelidos=Tavani|nome=Giuseppe|editorial=Edições Colibri|ano=(1999|ISBN=972-772-099-4|ref=}})</ref> A organización da poética non é moi clara e encóntrase incompleta.<ref>{{Cita web|título=[Cancioneiro da Biblioteca Nacional]|url=http://purl.pt/15000/1/index.html#/1/html|páxina-web=purl.pt|data-acceso=2019-04-02|lingua=en}}</ref> [[Ficheiro:Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa 1525-1526 - 355 f (2 colns, 31-40 lin.) 28 cm.pdf|miniatura|Capa do Cancioneiro Colocci-Brancutti onde se encontra inxerida a poética ''Arte de Trovar''|alt=]]
[[Ficheiro:Cancioneiro da Biblioteca Nacional.jpg|miniatura|295x295px|Páxina do CBN]]
 
Liña 7:
O Cancioneiro da Biblioteca Nacional tamén é coñecido como Cancioneiro Colocci-Brancutti, por ser copiado por orde do [[Humanismo renacentista|humanista]] [[Angelo Colocci]] (1474-1549) e ser descuberto na biblioteca do conde Paolo Brancutti di Cagli. B é o máis importante dos tres documentos que conforman a lírica medieval profana galego-portuguesa ([[Cancioneiro da Ajuda|Cancioneiro de Ajuda]], [[Cancioneiro da Biblioteca Vaticana|Cancioneiro da Vatican]]<nowiki/>a). A día de hoxe está composto por 355 follas de papel, de medidas 280 x 210 mm, e contén arredor de 1560 composicións da autoría duns 150 autores. O texto está escrito en tinta negra, sen cores e está disposto en dúas columnas. As composiciones están numeradas por Colocci, de 1 a 1664. Hai probas de que traballaron até seis copistas diferentes, ademais das do propio Colocci. Cinco deles utilizaron variedades gótico-bastardas e un só, o que podemos denominar “copista principal”, tanto pola cantidade de textos como pola calidade “filolóxica” da copia, utilizou a cursiva itálica chanceleresca. É posíbel que ningún deles fose italiano xa que, en xeral, revelan unha orixe e mais unha educación gráfica ibéricas.
 
O Cancioneiro contiña orixinalmente unhas 1.700 [[Cantiga|cantigas]], pero debido a accidentes materiais contén 250 composicións. É notoria a extensa presenza de elementos extratextuais que son de gran axuda para o estudo da nosa lingua e da nosa tradición manuscrita. O [[manuscrito]] tamén está composto por cinco anónimos [[Lai|lais de Bretaña]]. O [[códice]] foi descuberto no ano [[1875]] por Constantino Corvisieri. Desde 1880 o manuscrito pertenceu ao filólogo Ernesto Monaci. Foi posto a venda polos seus herdeiros, e en [[1924]] foi comprado polo goberno portugués e conservado desde entón na Biblioteca Nacional de Lisboa.<ref name=":10">{{Cita libro|título=Historia da literatura medieval galego portuguesa|apelidos=Ramón Pena|nome=Xosé|editorial=Sotelo Blanco|ano=(2002|ISBN=84-7824-399-2|ref=}})</ref>
==Axentes==
Angelo Colocci viviu en [[Nápoles]], cidade onde é máis que probábel que entrara en contacto coa cultura provenzal. Posteriormente pasou a residir en [[Roma]] (1498-1527) exercendo diferentes cargos de suma importancia (abreviador papal, secretario apostólico). Estes cargos proporcionáronlle unha gran notoriedade e un poder económico suficientemente grande como para se converter nun coleccionador e anotador de códices provenzais e sicilianos. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional foi concibido por Colocci como un verdadeiro proxecto filolóxico e grazas a el debemos a conservación da maior parte do [[Literatura galego-portuguesa|lirismo galego-portugués]], xa que tamén lle debemos a el a conservación dos textos que se encontran no [[Cancioneiro da Biblioteca Vaticana|Cancioneiro da Vaticana]].<ref name=":10" />
 
==Contidos da ''Arte de Trovar''==
Liña 26:
« ''E porque algũas cantigas i há em que falam eles e elas outrossi, por en é bem de entenderdes se som d'amor, se d'amigo: porque sabede que, se eles falam na prim[eir]a cobra e elas na outra, [é d']amor, porque se move a razom dele, como vos ante dissemos; e se elas falam na primeira cobra, é outrossi d'amigo; e se ambos falam em ũa cobra, outrossi é segundo qual deles fala na cobra primeiro. » <ref name=":2">{{Cita web|título=.:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.|url=https://cantigas.fcsh.unl.pt/artedetrovar.asp|páxina-web=cantigas.fcsh.unl.pt|data-acceso=2019-03-31}}</ref>''
 
O primeiro compendio de capítulos é o máis importante debido a que neles se presenta a definición e a caracterización dos tipos de cantigas profanas, polo tanto é de gran axuda para a diferenciación temática. O Capítulo IV mostrado arriba é o primeiro que conservamos e explica a maneira de diferenciar unha [[cantiga de amigo]] dunha de [[Cantiga de amor|amor]]. A ''Arte de Trovar'' distingue entre cantiga de amor e de amigo dependendo de que voz lírica fale primeiro: se a voz masculina fala primeiro será de amor, porque a cantiga “móvese a razón del”; se a voz feminina fala primeiro será de amigo.<ref>{{CitaTavani libro|título=A poesía lírica galego-portuguesa|apelidos=Tavani|nome=Giuseppe|editorial=Galaxia|ano=(1986|ISBN=84-7154-561-6|ref=}})</ref>
 
<u>Capítulo V</u>
Liña 47:
 
=== Bibliografía ===
 
* {{Cita libro|título=Historia da literatura medieval galego portuguesa|apelidos=Pena|nome=Xosé Ramón|editorial=Sotelo Blanco|ano=2002|ISBN=84-7824-399-2|ref=|lugar=Santiago de Compostela}}
* {{Cita libro|título=A poesía lírica galego-portuguesa|apelidos=Tavani|nome=Giuseppe|editorial=Galaxia|ano=1986|ISBN=84-7154-561-6|ref=|lugar=Vigo}}
* {{Cita libro|título=Arte de Trovar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Introdução, edição crítica e fac-símile|apelidos=Tavani|nome=Giuseppe|editorial=Edições Colibri|ano=1999|ISBN=972-772-099-4|ref=|lingua=pt}}
 
*