Omar Khayyam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 39:
 
== Primeiros anos ==
Omar naceu en Nishapur, ao redor do ano 1040 DC, onde tamén morreu, probabelmente no 1124 DC. Alí e na cidade de Balj, recibiu unha sólida educación nos temas das ciencias e filosofía. No [[1070]], trasladouse a [[Samarcanda]], onde o patrocinio do xurista Abú Taher permitiulle completar a súa ''Tese sobre Demostracións de Álxebra e Comparación''. Con ela atinxiu gran recoñecemento e prestixio, até o punto de ser chamado polo sultán Malek Shah, que lle encargou a construción dun observatorio astronómico sito en Marv, (actualmente Mary, en [[TurcomenistánTurkmenistán]]) segundo consigna Nezam-o-Molk, no seu libro ''Siasat Namé'', en colaboración con outros sete astrónomos e matemáticos, entre eles: Abdolrahman Jazení e Meimún-ebne Nayib Vasetí.
 
== Achegas ás Matemáticas e á Ciencia ==