Xaquín Lorenzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
esa información, agora, xa vai no artigo de seu
Liña 11:
== Traxectoria ==
 
Foi o primeiro fillo do escritor e caricaturista [[Tabarra|José Laurentino Lorenzo Álvarez]],<ref>Avogado de profesión pero que nunca exerceu como tal, recoñecido humorista colaborador de diversas publicacións, como ''Café con gotas'', de Santiago, ''Solidaridad'', ''La Lucha'' ou ''Madrid cómico''.</ref> ourensán, e de Joaquina Fernández Barcia, de Vigo. Cómpre lembra-la presenza e influencia do seu único irmán, [[Xurxo Lorenzo Fernández|Xurxo]], tres anos máis novo ca Xaquín, quen colaborou con el en numerosas ocasións ata morrer prematuramente o [[2 de abril]] de [[1934]], vítima dunha septicemia, con só 24 anos de idade. Ramón Otero Pedrayo dixo del que "''de ter vivido máis anos sería o mestre e o poeta da súa xeración''".
[[Ficheiro:Ourense casa natal Xocas 2.jpg|miniatura|Placa na casa natal.]]
A morte do pai a finais de [[1923]] obrigou a que a nai tivese que marchar a [[Arxentina]], a solucionar certos problemas coa herdanza familiar, polo que os irmáns foron vivir coa avoa paterna en [[Facós, Lobeira, Lobeira|Facós]], [[Lobeira]], no caso de Xocas, e coa familia do avó materno, en [[Vigo]], no do seu irmán Xurxo.