Arsénico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 52:
 
== Características principais ==
O arsénico presenta tres estados alotrópicos, [[gris (cor)|gris]] ou metálico, [[amarelo]] e [[negro (cor)|negro]]. O arsénico ''gris metálico'' (forma α) é a forma estable en condicións normais e ten estrutura romboédrica, é un bo condutor da calor pero pobre condutor eléctrico, a súa densidade é de 5,73 g/cm³, é deleznable e perde o lustre metálico se se expón ao aire.
 
O arsénico ''amarelo'' (forma γ) obtense cando o vapor de arsénico se arrefría rapidamente. É extremadamente volátil e máis reactivo que o arsénico metálico e presenta fosforescencia a temperatura ambiente. O gas está constituído por moléculas tetraédricas de As<sub>4</sub> de forma análoga ao [[fósforo (elemento)|fósforo]] e o sólido formado pola condensación do gas ten estrutura cúbica e ten unha densidade aproximada de 1,97 g/cm³. Exposto á luz ou ao calor reverte á forma estable (gris). Tamén se chama arsénico amarelo ao oropimente, o mineral de trisulfuro de arsénico.