CFM International CFM56: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
amplio de en.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 28:
 
Unha razón principal para os intereses de GE na colaboración, en vez de construír un motor de 10 toneladas só, era que o proxecto de Snecma tiña a única fonte de fondos de desenvolvemento para un motor desa clase nese momento. GE estaba considerando inicialmente só contribuir tecnoloxicamente a partir do seu motor CF6 en vez de a partir do máis avanzado [[General Electric F101|F101]], desenvolvido para o bombardeiro supersónico [[Rockwell B-1 Lancer|B-1 Lancer]]. A compañía enfrontouse a un dilema cando a [[USAF]] anunciou o seu proxecto Advanced Medium STOL Transport (AMST) en [[1972]] que incluía fondos para o desenvolvemento dun motor de 10 toneladas - xa fose para construír un motor de 10 toneladas con tecnoloxía "limitada" con Snecma, ou un motor semellante con tecnoloxía "avanzada" pola súa conta. Preocupada de quedar cun único motor "limitado" na súa carteira se non conseguía o contrato coa Forza Aérea (no cal competía con Pratt & Whitney e unha división de [[General Motors]] co seu motor "avanzado"), GE decidiu solicitar unha licenza de exportación para a tecnoloxía do F101.<ref>Samuelson, Robert (1972). "Commerce, Security and the "Ten Ton Engine"". ''The Washington Post''. 8 de outubro de 1972, p. H7</ref>
 
=== Problemas de exportación ===
GE solicitou a licenza de exportación en [[1972]] como a súa principal contribución ao proxecto do motor de 10 toneladas. A Oficina de Control de Municións do Departamento de Estado dos Estados Unidos recomendou o rexeitamento da solicitude por motivos de seguridade nacional; especificamente debido a que a tecnoloxía central era un aspecto do sistema de defensa estratéxica nacional (bombardeiro B-1), fora construído con financiación do Departamento de Defensa, e exportar a tecnoloxía a Francia podería limitar o número de traballadores estadounidenses no proxecto.<ref>Farnsworth, Clyde (1973). "GE, French To Make Jet Engine". ''St. Petersburg Times'', 23 de xuño de 1973, p. 11-A</ref> A decisión oficial foi tomada nun memorándum de decisións de seguridade nacional asinado polo conselleiro de seguridade nacional [[Henry Kissinger]] o [[19 de setembro]] de [[1972]].<ref>{{Cita web|url=https://www.nixonlibrary.gov/sites/default/files/virtuallibrary/documents/nsdm/nsdm_189.pdf|páxina-web=|título=GE - SNECMA Jet Engine Joint Venture|data-acceso=2019-03-15}}</ref>
 
== Notas ==