Enfermidade celíaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engadidas ligazóns internas
→‎A importancia da etiquetaxe: engadidas máis ligazóns internas
Liña 125:
A lexislación sobre [[Etiquetaxe dos alimentos|etiquetaxe de alimentos]] en [[Galicia]] corresponde coa española (Real Decreto 1334/1999, do 31 de xullo, polo que se aproba a Norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimentarios). Ademais a [[Unión Europea]] obriga ao fabricante a indicar na etiqueta dos alimentos envasados se estes conteñen coma ingredientes cereais con glute (trigo, centeo, orxo, avea, [[espelta]], kamut ou as súas variedades híbridas).
 
Ademais, o Regulamento (UE) nº 41/2009 da Comisión do 20 de xaneiro de 2009 sobre a composición e etiquetaxe de produtos alimentarios axeitados para persoas con intolerancia ao glute, aplicábel a partir do 1º de xaneiro de 2012, regula o emprego das indicacións “sen glute” cando o alimento ou produto dietético conteña menos de 20[[MgMiligramo| mg]] de glute por [[Kg]] de produto ou o que é o mesmo 20 partes por millón (ppm). No caso de certos alimentos dietéticos, nos que se ten usado amidón de trigo especialmente procesado para reducir o contido de glute, o fabricante poderá utilizar o termo ”moi baixo en glute” se o produto contén menos de 100 ppm de glute. Estes produtos con “moi baixo contido en glute” só deben tomarse se o doutor o aconsella, por mor ade que existen distintos graos de sensibilidade ao glute.
 
Existen diferentes empresas que se acreditaron pola ''Federación de Asociaciones de Celiacos de España'' (FACE). A Marca de Garantía "Controlado por FACE" ten como obxecto garantir ao consumidor celíaco que os produtos que a portan cumpriron cos requisitos que FACE establece respecto a niveis máximos de glute, garantindo que os produtos verificados son aptos para o consumo por persoas celíacas. A novidade que aporta esta marca é a inclusión, no [[APPCC]] da industria, dun novo perigo, o glute, e a súa prevención a través do control exhaustivo das materias primas e do proceso de produción baseado na [[rastrexabilidade]] do produto. Estas empresas están autorizadas a utilizar un logo na etiquetaxe, que indica que o alimento está certificado e non contén máis de 10 ppm de glute.
 
== Diagnóstico ==
O diagnóstico hoxe en día baséase en concorrencia de sospeita clínica, seroloxía e [[biopsia]] intestinal compatíbeis coa celiaquía. Ningunha das probas por si soa confirma o diagnóstico.
 
=== Seroloxía ===
As probas serolóxicas detectan e ás veces cuantifican [[Anticorpo|anticorpos]] no [[sangue]] específicos para a doenza. RealízanteRealízanse en pacientes nos que se sospeita enfermidade celíaca, xa for por clínica, por ser grupo de risco etc. Axudan a decidir a que pacientes hai que realizar biopsia e a quen non. Tamén se empregan para ver se a dieta se está a facer correctamente e para a detección de posíbeis casos en estudos epidemiolóxicos a grande escala.
 
Existen diferentes tests desenvolvidos por diferentes laboratorios, cada un cos seus propios valores para determinar se o resultado é + ou -. Os máis utilizados son:
Liña 147:
Cómpre sempre valorar os niveles IgA do paciente, xa que se presenta deficiencia severa de IgA (menos de 0,05 g/l) haberá que ter en conta os resultados de anticorpos IgG, menos informativos agás os DGP.
 
A pauta actualmente consiste en valorar anti- tTG IgA, confirmándoos se for posíbel con anti-EMA IgA. Os anti-DGP IgG empregaranse en menores de 18 meses e en pacientes con deficiencia de IgA. Para o seguimento dos pacientes que seguen dieta sen glute os anti-DGP IgA semellan ser os máis axeitados. As probas serolóxicas en adultos son bastante menos sensíbeis, por iso estansese están a investigar outros sistemas de detección.
 
=== Biopsia ===
Métodos para realizar biopsias intestinais na celiaquía:
 
'''A cápsula de Crosby''' é unha cápsula pectoral. Con ela hai que facer o seguimento con [[Raios X|raios X]] para coñecer a súa posición ao longo do [[Tubo dixestivo|tubo dixestivo]], e só se pode tomar unha biopsia cada vez. Unha vez localizada a cápsula no duodeno, a biopsia realízase por succión dende o outro extremo da sonda. Non require [[anestesia]] nin sedantes, aínda que se pode empregar.
 
'''O [[Endoscopia|endoscopio]]''' é o sistema da cámara e tubo flexíbel. Segundo onde se use recibe un nome: gastroscopia é para o tracto dixestivo alto, a colonoscopia para o tracto dixestivo baixo, cistoscopia para a [[Vexiga urinaria|vexiga urinaria]], entre outras.
 
Neste caso faise unha gastroscopia para acadar o duodeno, lugar no que se tomará a biopsia, mediante un accesorio do endoscopio.
 
A extracción consiste nun anaquiño miúdo de mucosa intestinal que se analizará despois co [[microscopio]].
 
A mucosa intestinal dun neno celíaco non tratado é diferente á dun rapaz san. Co microscopio óllase que as vilosidades están atrofiadas, esé dicir esmagadas. Se se compara coa mucosa dun individuo normal a diferenza é claramente apreciábel. No celíaco tratado axeitadamente, a mucosa chega a se normalizar resultando indistinguíbel dun individuo san.
 
A observación ao microscopio tras tinguidura mediante hematoxilina-eosina e [[inmunohistoquímica]] permite analizar a [[histoloxía]] e o número e distribución dos [[Linfocito|linfocitos]] intraepiteliais. Estes axudan a saber o grao de lesión segundo o sistema máis utilizado a día de hoxe: “criterios de Marsh en 1993 revisados por Oberhüber en 1996”, segundo os cales hai estas lesións:
 
- lesión Marsh 1. Obsérvanse 20 ou 25 linfocitos intraepiteliais (depende da técnica de tinguidura) por cada 100 enterocitos. Só o 10% das lesións Marsh 1 son por glute.
Liña 176:
En 1969 a [[ESPGHAN]] (European Society of Pediatric Gastroenterology, Hepatology And Nutrition) fixou os criterios diagnósticos de enfermidade celíaca (EC), coñecidos coma criterios de Interlaken, recomendando 3 biopsias intestinais para o diagnóstico de celiaquía:
 
A primeira, cando o neno acode por vez primeira con síntomas sospeitosos da doenza. Nela comprobarase que existe unha atrofia severa das vilosidades e se procederáprocederase á supresión do glute da dieta.
 
A segunda, cando o cativo leve polo menos dous anos coa dieta sen glute e os síntomas desapareceran. Trátase de comprobar que a supresión do glute conseguiu a normalización das vilosidades. Se así for, o paso a seguir consiste na reintrodución do glute para ver se con iso reprodúcesese reproduce a alteración intestinal. O habitual é que esta recaída anatómica (a atrofia) sexa acompañada de recaída clínica (diarrea, vómitos, perda de peso etc.) pero non é raro que téndose reproducido xa a atrofia, o neno aínda se atope asintomático, é dicir sen síntoma algún da doenza. Esta reintrodución non se debe facer antes dos 6 anos de idade (se poderíapoderíase danar o esmalte da dentición definitiva) nin na [[puberdade]] pois se interferiría no período de crecemento rápido propio desta idade.
 
A terceira biopsia trata de confirmar esta recaída. Adóitase facer aos 6 meses da reintrodución do glute ou antes se reaparecesen os síntomas ou se producen alteracións analíticas.
Liña 184:
Coñécese que canto máis prolongado sexa o período no que se mantivo a dieta sen glute, máis probábel é que se atrase a recaída de xeito que a biopsia aos 6 meses pode ser «normal». En tal caso, se a sospeita da enfermidade está ben fundada, deberá repetirse posteriormente.
 
A ESPGHAN, en maio de 1990, en vista dos novos tests serolóxicos revisou os criterios diagnósticos para a celiaquía, segundo os cales se os síntomas (típicos ou atípicos) e a seroloxía son suxestivos, realízase unha soa biopsia, e se se observa melloría coa dieta, se consideraconsidérase confirmado o diagnóstico. A nova revisión en Boston (WCPGHN) en 2000, ratificou ditos criterios. É un tema discutido e discutíbel. Os pacientes deben deixarse guiar polo seu pediatra. A secuencia completa é longa e molesta mais ofrece a maior garantía diagnóstica para unha doenza que é definitiva e que, polo tanto, require un réxime de por vida.
 
=== Estudo xenético ===
Coñécese a implicación do sistema [[HLA]] (cromosoma 6). Este sistema está encargado de vixiar que as células do organismo sexan propias; está implicado nas enfermidades autoinmunes ([[Lupus (enfermidade)|lupus]], [[artrite reumatoide]] etc.) e na histocompatibilidade para realizar [[Transplante|transplantes]]. Non se trata dun [[xene]] que se está mutado hai intolerancia e se está normal non.
 
Dun xeito simplificado, o HLA presenta innumerábeis variacións (o mesmo que cada persoa ten unha face diferente, se poderíapoderíase dicir que cada persoa ten un HLA diferente), pero hai unha serie destas variacións do HLA que predispoñen a padecer certa enfermidade. Así, o HLA DQ2 preséntase no 95% dos celíacos, o que non implica que ter o HLA DQ2 signifique desenvolver a celiaquía (de feito os celíacos son só un 2—52-5% dos portadores do HLA DQ2). Preto do 5% restante de celíacos presentan HLA DQ8.
 
O xeito de coñecer o HLA é tan sinxelo coma obter unha [[Análise de sangue|análise de sangue]]. Coñecelo pode axudar a contrastar os HLA dos familiares de primeiro grao (pais, irmáns, fillos), especialmente, para coñecer se hai más membros susceptíbeis de desenvolver a intolerancia. Isto só ocorre nun 10% dos casos.
 
== Tratamento ==
O único tratamento hoxe en día para a celiaquía é a total e estrita ausencia de glute na dieta. Ademais é importante a prevención da enfermidade. Existen 3 niveis de prevención:
 
Ademais é importante a prevención da enfermidade. Existen 3 niveis de prevención:
- o 1º é evitar que a doenza se desenvolva naqueles individuos predispostos xeneticamente. A estratexia é iniciar tolerancia ao glute canto antes,; estase a investigar.
 
- o 2º nivel de prevención é o diagnóstico cedo en persoas que xa desenvolveron a doenza.
 
- o 3º nivel é evitar a aparición de enfermidades asociadas
 
Liña 208 ⟶ 210:
* Produtos manufacturados en cuxa composición entren calquera das fariñas citadas e, en xeral, calquera alimento preparado ou manufacturado se o comerciante non específica que non contén glute.
* Alimentos con [[malte]].
* [[Chocolate|Chocolates]] (agás se existe declaración expresa do comerciante).
* [[Infusión|Infusións]] e bebidas preparadas con cereais: malte, [[cervexa]], auga de orxo.
 
=== Alimentos que poden conter glute ===
Liña 222 ⟶ 224:
=== Alimentos sen glute ===
Poden consumirse libremente.
* O [[leite]] e derivados lácteos ([[queixo]], [[manteiga]], [[requeixo]], [[crema de leite|nata]]).
* A [[carne]], o [[peixe]] e os [[marisco]]s frescos.
* Os [[Ovo (alimento)|ovos]].
Liña 244 ⟶ 246:
Unha vez diagnosticada a intolerancia celíaca, o único tratamento existente consiste en manter unha dieta estrita sen glute e de por vida. Pode levarse ben, especialmente no fogar, xa que cada vez é máis frecuente atopar en todos os establecementos comercias produtos para celíacos.
 
A dieta non pode curar a enfermidade pero a controlacontrólaa. De xeito que, con ela, conséguese a completa normalización clínica do suxeito que a padece e evita as posíbeis complicacións a curto, medio e longo prazo.
 
Está demostrado que o consumo continuo de pequenas cantidades de glute, pode danar severamente as vilosidades intestinais ou provocar outras alteracións e/ou trastornos importantes nada desexábeis, incluso en ausencia de síntomas. A dieta sen glute permite a recuperación vilositaria, así como a desaparición dos síntomas.
Liña 252 ⟶ 254:
Eliminarase da dieta calquera produto que leve como ingrediente trigo, orxo, centeo, triticale (híbrido de trigo e centeo) ou avea.
 
Para a correcta adquisición de produtos sen glute, a '''Asociación de Celíacos de Galicia''' contén na súa Webweb unha listaxe dos alimentos que podemos atopar en Galicia con e sen glute.
 
Como norma xeral, deben eliminarse da dieta os produtos a granel, elaborados artesanalmente ou os que non estean etiquetados, onde non se poida comprobar a listaxe de ingredientes.
 
Os celíacos teñen moi restrinxida a elección de alimentos na súa dieta habitual por mor aodo uso frecuente da fariña triga, amidóns e do propio glute, na elaboración de produtos de consumo xeral. Os celíacos vense obrigados a evitar, aproximadamente, o 70% dos alimentos comercializados existentes na Unión Europea.
 
Algúns produtos etiquetados «sen glute» ou «aptos para dietas sen glute» ou que levan o símbolo internacional «sen glute» (espiga barrada), a miúdo conteñen vestixios de glute e en ocasións superan todos os límites establecidos. O consumo continuado deste tipo de produtos pode resultar prexudicial para o celíaco. Por esta mesma razón, aínda contendo o produto esa marca, non se debe consumir se non está nomeado nas listas das Asociacións de Celíacos.
 
Cómpre ter precaución coa manipulación dos alimentos co fin de evitar a contaminación dos mesmos. Evitarase fritir alimentos sen glute en aceites onde previamente se fritiran produtos con glute. Naqueles fogares nos que hai un celíaco, recoméndase eliminar as fariñas e o [[pan relado]] trigo e utilizar no canto fariñas e pan relado sen glute ou [[floco]]s de puré de pataca para rebozar, empanar ou espesar mollos. Deste xeito, case todos os alimentos que se preparen os pode tomar toda a familia do celíaco. Débese ter precaución coas fariñas de millo, arroz etc. de venda en [[Panadaría|panadarías]] ou [[Supermercado|supermercados]] sen lexitimar a ausencia de glute. Poden estar contaminadas se a súa moedura se realizou en muíños onde tamén se moen outros cereais que conteñen glute.
 
Aínda que a avea propiamente dita non ten glute, moitos celíacos enferman cando consomen avea. Crese que o motivo é que moitas veces a avea é procesada en [[Maquinaria|maquinarias]] que tamén son usadas para o trigo, o orxo ou o centeo. Moitos celíacos son tan sensíbeis ao glute que os vestixios destas maquinarias os enferman. Polo tanto, para unha dieta sen glute, cómpre evitar a avea.
 
Os excipientes dalgúns [[Medicamento|medicamentos]] conteñen glute. En Galicia, por lei estatal, os laboratorios teñen a obriga de indicar o seu contido no prospecto e de realizar unha advertencia.
 
Os alimentos importados poden levar á confusión. Un mesmo fabricante pode empregar, segundo as distintas normativas dos estadosEstados, distintos ingredientes para un produto que se comercializa baixo a mesma [[Marca comercial|marca comercial]].
 
Secasí, e como norma xeral, se se sospeita que un produto pode conter glute, non debe consumirse.
 
== Doenzas asociadas ==
As doenzas a seguir foron descritas coma posíbeis asociadas á condición celíaca: [[Diabetes mellitus|diabetes melitosmellitus]] Tipo 1, dermatite herpetiforme, tiroidite autoinmune, hipoesplenismo, deficiencia de Ig A, gastrite atrófica, [[Síndrome de Down|síndrome de Down]], [[epilepsia]], [[ataxia]], neuropatía periférica, [[esquizofrenia]],<ref>{{Cita publicación periódica|autor= Eaton W, Mortensen P, Esben A, Byrne M, Mors O, Ewald H|título= Coeliac disease and schizophrenia: population based case control study with linkage of Danish national registers|revista= British Medical Journal|volume= 328|páxinas= 438–9|ano= 2002|doi=10.1136/bmj.328.7437.438|pmid=14976100|url = http://www.bmj.com/cgi/content/short/328/7437/438|pmc=344262}}</ref> [[hepatite]] autoinmune, [[cirrose]] biliar primaria, alopecia areata, colite coláxena, [[trombose]] venosa. Así mesmo as persoas celíacas teñen máis probabilidades de sufrir [[linfoma]]s e [[cancro]] de esófago sobre todo se se incumpre a dieta libre de glute.
 
Algunhas persoas [[autista]]s poden ter concomitantemente esta enfermidade., Motivomotivo polo que se acostuma proscribir o [[glute]] da súa dieta.
 
Cabe destacar que se ten comprobado recentemente que os celíacos teñen catro veces máis probabilidades de desenvolver [[hipotiroidismo]], tres veces máis de padecer [[hipertiroidismo]] e 3,6 veces máis de presentar tiroidite.