República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Pano de aceiro
Liña 56:
O 3er Congreso do SED en [[xullo]] de [[1950]] elixiu a [[Walter Ulbricht]] primeiro secretario e salientou o progreso industrial. O sector industrial, empregando ao 40% da poboación activa, foi suxeito dunha profunda nacionalización, co resultado da formación das Empresas do Pobo (alemán: ''Volkseigene Betriebe'', VEB). Estas compañías supuñan o 75% do sector industrial. O primeiro Plan Quinquenal (1951-1955) introduciu a planificación estatal centralizada; marcou altas cotas de produción para a industria pesada e incrementou a produtividade.
[[Ficheiro:Moedlareuth DDR-Grenzpfosten.jpg|miniatura|150px|Poste fronteirizo da RDA.]]
[[Iosif Stalin|Stalin]] morreu en [[marzo]] de [[1953]]. En xuño, o SED, confiando en dar aos traballadores uns mellores niveis de vida, anunciou o ''Novo Curso''. O ''Novo Curso'' en Alemaña Oriental estaba baseado na política económica iniciada por [[Georgy Malenkov]] na [[Unión Soviética]]. A política de Malenkov, que buscaba unha mellora dos niveis de vida, marcaba un xiro no investimento cara á industria lixeira e comercial e un maior abastecemento de bens de consumo. O SED, co obxectivo de virar a énfase económica da industria pesada aos bens de consumo, iniciou un programa para aliviar as dificultades económicas. Isto levou a unha redución das cotas e as taxas, a posibilidade de créditos estatais ás empresas privadas, e un aumento na asignación de material de produción.
 
Cando o ''Novo Curso'' incrementou os bens de consumo que os traballadores podían obter,<ref>[http://www.ib.hu-berlin.de/pbruhn/juni1953.htm 17. Juni 1953 Bibliographical database of the international literature]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref> as cotas de produción atopábanse aínda altas. Cando as cotas de traballo foron aumentadas en [[1953]], levou ao Levantamento do [[17 de xuño]] de [[1953]]. Folgas e manifestacións sucedéronse nos grandes centros industriais. Os traballadores demandaban a diminución das cotas e o aumento dos salarios. A ''Volkspolizei'' e o [[Exército Vermello]] impediron a insurrección, na que morreron aproximadamente 100 persoas.