Afonso V de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
consigue > consegue
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 42:
Ao ser coroado Fernando rei de Aragón no [[Compromiso de Caspe]] ([[1412]]), deixou aos seus fillos, os [[Infantes de Aragón]] [[Xoán II de Aragón|Xoán II de Navarra]] e [[Henrique de Trastámara (infante de Aragón)|Henrique]], como os seus lugartenentes en Castela para que defendesen os seus intereses.
 
En [[1419]] [[Xoán II de Castela]] alcanzara a maioría de idade e pretendeu librarse da influencia dos Infantes. Tras o [[golpe de Tordesillas]] e o fracasado cerco do castelo de [[La Puebla de Montalbán]] a finais de [[1420]], delega todo o poder no novo [[Condestable de Castela|Condestábel de Castela]] [[Álvaro de Luna]], o que deu lugar a unha longa e intermitente [[guerra civil]] entre dous bandos: o primeiro formado por don Álvaro de Luna e a pequena nobreza, e o segundo integrado polos [[Infantes de Aragón]] e a alta nobreza, apoiados por Afonso V desde [[Aragón]].
 
Porén, o enfrontamento que xorde entre os propios infantes polo poder provoca que a influencia aragonesa en Castela corra perigo, polo que Afonso V, que se encontraba en Nápoles, decidiu retornar á península en [[1425]] onde, tras acusar a Álvaro de Luna de usurpador do goberno, logrou reconciliar aos seus irmáns os infantes e, aínda que consegue nun primeiro momento, en [[1427]], que o Condestábel de Castela sexa desterrado a [[Cuéllar]], non puido evitar o seu retorno vencedor ao ano seguinte.
Liña 99:
[[Ficheiro:Medalla de Alfonso V de Aragón (Pisanello, M.A.N. Madrid) 01.jpg|miniatura|esquerda|Medalla de prata de Afonso V ([[1449]]), por [[Pisanello]].]]
 
Tivo contactos diplomáticos co imperio de [[Etiopía]]. En [[1428]] recibiu unha carta de [[Yeshaq I de Etiopía]], entregada en man por dous dignatarios, na que lle propoñía unha alianza contra os [[Islam|musulmáns]], selada por un dobre matrimonio, o do infante Don Pedro coa filla de Yeshaq, a condición de que este levase a Etiopía a un grupo de menestrais. Non está claro se Afonso respondeu a esta carta nin en que termos, aínda que unha mensaxe enviada en [[1450]] ao sucesor de Yeshaq, [[Zara Yagob]], escribiu que estaría encantado de envialos se lle garantían a súa seguridade, xa que nunha ocasión anterior toda unha partida de trece dos seus súbditos pereceran na viaxe.
 
O seu reinado acaba con dúas novas guerras: unha contra o seu primo e cuñado, [[Xoán II de Castela]], entre os anos [[1445]] e [[1454]], e outra contra [[Xénova]], que se iniciou en [[1454]] e continuou até a súa morte, ocorrida o [[27 de xuño]] de [[1458]] no [[Castel dell'Ovo]] ([[Nápoles]]). En [[1671]] [[Pedro Antonio de Aragón]], vicerrei de Nápoles, obtivo o permiso para trasladar desde alí os restos de Afonso V o Magnánimo e depositalos nos [[Mosteiro de Poblet|Sepulcros Reais do mosteiro de Poblet]]. Construíuse unha tumba cun gran pedestal xunto aos sepulcros reais, no cruceiro, no [[lado do Evanxeo]]. Só se conserva a base ou pedestal restaurado.