Hunfrido de Friúl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
 
Liña 1:
{{biografía}}
'''Hunfrid''' foi o [[Marca de Istria|margrave de Istria]] e, segundo algunhas fontes, o [[Ducado de Friúl|duque de Friúl]] de [[799]] ao redor de [[804]], cando un duque de nome de Xoán gobernaba en Istria.
 
== Traxectoria ==
Foi o fundador da familia do ''[[Hunfridingas]]''. Hunfrido aparece en Istria como ''marchio'' por primeira vez en 799, o mesmo ano no que morreu o duque [[Eric de Friúl]].
 
Era un alemán <ref> O historiador da Idade Media de Raetia, [[Elizabeth Meyer-Marthaler]], considérao de orixe franca (Meyer-Marthaler, Rätien im Mittelalter frühen (Zurich: Leeman) 1948 </ref> e un conde de (ou en) ''Rhaetia'' (Retia) mencionado en 806 e 808. Baseándose na súa presenza nunha lista de personaxes nos ''libri memoriales'' de [[Reichenau]] e [[Sankt Gallen]], presúmese que casou con Hitta (Hidda), unha ''Udalrichinga'', e, probabelmente, sobriña ou neta de [[Gerold de Vintzgau]] e, polo tanto, prima ou sobriña do predecesor de Hunfrido en Friúl, Eric. Baseado nos mesmos ''Libri memoriales'' foi probabelmente o pai de Adalberto, o seu sucesor en ''Rhaetia,'' de [[Odalrico de Barcelona|Odalrico]], que se converteu en [[Condado de Barcelona|Conde de Barcelona]], no outro lado do Imperio, e de Hunfrido II, que se converteu en ''Dux super Redicam'' (duque da Retia superior) e antepasado dos [[Ducado de Suabia|duques de Suabia]] da casa dos Hunfridingas, [[Burcardo I de Suabia|Burcardo I]], [[Burcardo II de Suabia|Burcardo II]] e [[Burcardo III de Suabia|Burcardo III]].
 
Sobre o 808 sucedeuno [[Aión de Friúl|Aión]].
Liña 15:
*[http://fmg.ac/Projects/MedLands/NORTHERN%20ITALY%20900-1100.htm#_Toc145061916 Medieval Lands Project: Nobility of Northern Italy (900–1100)] {{en}}
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Ducado de Friúl]]
[[Categoría:Nados no século VIII]]