Aneis de Urano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
radios* -> raios
 
Liña 3:
Os '''aneis de [[Urano]]''' configuran un sistema de aneis de complexidade media que se pode situar a medio camiño entre sistemas máis extensos –coma os [[aneis de Saturno]]– e máis sinxelos –coma os [[Aneis de Xúpiter|de Xúpiter]] e [[Aneis de Neptuno|os de Neptuno]]. Os aneis de Urano foron descubertos o 10 de marzo de 1977 por [[James L. Elliot]], Edward W. Dunham e [[Douglas J. Mink]]. Hai máis de 200 anos, [[William Herschel]] tamén anunciara que vira aneis, pero os astrónomos modernos son escépticos que os puidese ter visto, xa que son moi escuros e tenues. A sonda ''[[Voyager 2]]'' descubriu dous aneis máis en 1986, e es descubriron dous aneis exteriores mediante fotografías do [[Telescopio espacial Hubble]] entre o 2003 e o 2005.
 
O sistema de aneis de Urano está formado por 13 aneis diferentes. En orde crecente de distancia respecto do planeta desígnanse 1986U2R/[[ζ]], 6, 5, 4, [[α]], [[β]], [[η]], [[γ]], [[Delta (letra)|δ]], [[λ]], [[ε]], [[ν]] e [[μ]]. Os seus radiosraios varían entre 38 000 km (anel 1986U2R/ζ) e 98 000 km (anel μ). Poderían existir bandas tenues de po e arcos incompletos entre os aneis principais. Os aneis son moi escuros -de feito, o [[albedo de Bond]] das partículas dos aneis non supera o 2%-. Probablemente están compostos de xeo de auga e algúns [[materia orgánica|compostos orgánicos]] procesados pola radiación.
 
A maioría dos aneis de Urano son opacos e de poucos quilómetros de ancho. O sistema de aneis contén, en xeral, pouco po; consiste principalmente de grandes corpos cun diámetro de entre 0,2 e 20 m. Ademais, algúns aneis son ópticamente delgados: os amplos e tenues aneis 1986U2R/ζ, μ e ν están feitos de pequenas partículas de po, mentres que o anel estreito e tenue λ tamén contén corpos meirandes. A relativa falla de po no sistema de aneis é por mor da [[resistencia aerodinámica]] da parte externa da [[exosfera]] uraniana: a coroa.