Parasito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 15:
Unha das características comúns do parasitismo é que supón un intercambio de substancias, que provoca no hospedador unha resposta [[inmunoloxía|inmunóloxica]]. Un parasito debe vencer a acción do [[sistema inmune]] do hospedador para ter éxito. As interaccións [[antíxeno]]-[[anticorpo]] son máis complicadas canto maior sexa a complexidade dos antíxenos. As [[célula]]s dos [[eucarionte|eucariotas]] posúen unha gran cantidade de antíxenos comparada coas de [[bacteria]]s ou [[virus]]. Un recurso de [[inmunoevasión]] para o parasito é o de formar antíxenos que se parezan aos do hóspede ([[mimetismo]]). Outro recurso é o de adherir antíxenos do hospedador á superficie exterior do corpo do parasito (enmascaramento antixénico). O resultado é que o hospedador invadido non recoñece ao parasito como invasor ou a resposta que produce non é totalmente efectiva.
 
Outra característica común do parasitismo é que o parasito debe adaptarse á resposta inmunitaria e en xeral á vida parasitaria, pero tamén o hospedador, porque a poboación parasita exerce unha [[presión selectiva]] neste, de modo que [[hóspedeparasito]] e [[hospedador]] [[coevolución|coevolucionan]] paralelamente a consecuencia do parasitismo. Isto explica por exemplo, que o xene da [[anemia falciforme]] sexa moi frecuente en zonas endémicas de [[malaria]].
 
== Parasitoses humanas máis coñecidas ==