Guillerme IX de Aquitania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
vasallo* -> vasalo
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Naceu en [[1071]], fillo de [[Guillerme VIII de Aquitania]] e da súa terceira esposa, Audéarde de Borgoña, filla do duque [[Roberto I de Borgoña]]. Cando faleceu o seu pai en [[1086]], herdou uns dominios máis extensos que os do propio rei de [[Francia]], de quen era nominalmente vasalo. Nos anos 1101 e 1102, participou tardiamente na [[Primeira Cruzada]] trala caída de [[Xerusalén]]. Sostivo varias guerras contra os condes de [[Tolosa, Francia|Tolosa]]. Foi excomungado en dúas ocasións, unha delas por abandonar á súa esposa lexítima e arrebatarlle á forza a muller aao súaseu vasallovasalo o vizconde de [[Châtellerault]]. Entre 1120 e 1123 combateu xunto a [[Afonso I de Aragón|Afonso I o Batallador]], o seu concuñado, para tentar arrebatar ós musulmáns o [[reino de Valencia]]. O vínculo de Guillerme o Trobador e Afonso o Batallador é dobre. Dunha parte, Inés de Aquitania (irmá de Guillerme o Trobador) casou con [[Pedro I de Aragón]], o cal faleceu sen descendencia masculina, herdando os seus reinos o seu irmán Afonso o Batallador. Doutra, porque á morte do Batallador, que faleceu sen descendencia, herdou os seus reinos o seu irmán [[Ramiro II de Aragón|Ramiro II o Monxe]], o cal casou con Inés de Poitou, filla de Guillerme o Trobador. Por iso é polo que o Trobador resultou cuñado de Pedro I de Aragón e concuñado dos seus irmáns, Afonso o Batallador e Ramiro o Monxe.
 
=== Descendencia ===