Atlas Lingüístico Románico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 10:
Un dos primeiros foi o ''[[Atlas Linguistique de la France]]'' (ALF), levado a cabo entre 1897 e 1901 por Jules Gilliéron e Edmond Edmont, no que se recolleron datos achegados por 735 informadores pertencentes a 639 puntos da Francia metropolitana. O atlas posúe, en total, 1920 mapas, nos que están incluídas as distintas linguas galorrománicas. Anos máis tarde, no ano 1950, realizouse o ''Nouvel Atlas Linguistique de la France par Régions'', no que se incluíron datos relativos a rexións non galorrománicas, como [[Córsega]] ou o [[País Vasco]]. Outros atlas xurdiron anos despois, coma o ''[[Atlas lingüístico galego|Atlas Lingüístico Galego (ALGa)]]'', entre 1974 e 1977, ou o ''Atlante Linguistico Italiano'' (ALI), no ano 1990<ref name=":0">{{Cita libro|título=Atlas Linguistique Roman (ALiR). Vol. I|apelidos=Tuaillon|nome=Gaston|editorial=Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato|ano=1996|ISBN=|ref=|apelidos2=Contini|nome2=Michel}}</ref>.
 
A partir de todos eles, xurdiu o interese de elaborar un atlas moito máis amplo que os abranguese todos, e é así como nace o ''[[Atlas Linguarum Europae]]'' (ALE)'','' no ano 1970, o primeiro atlas supranacional de segunda xeración. Pódese afirmar que o ''[[Atlas Linguarum Europae]]'' foi o xerme do ''Atlas Linguistique Roman,'' nacido a partir da colaboración dos romanistas das diversas áreas lingüísticas e das sínteses románicas publicadas polo Centro de Dialectoloxía de Grenoble. De feito, o presidente do ALE forma tamén parte do comité do ALiR<ref name=":0" />.
 
== Características do ALiR ==