Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Consideracións con respecto ao amor: algo máis traido desde a wiki .es
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
Liña 35:
O [[altruísmo]] pode entenderse como ''altruísmo puro'', onde non existen [[apego]] nin [[Desexo (filosofía)|desexo]], como no caso do [[ budismo]], ou ben como ''«egoísmo altruísta»'', como no caso do [[cristianismo]], onde existen apego a un ser superior e o desexo de obter a [[salvación]]. Na práctica, en ambas as relixións existen apego e desexo, e no budismo existe unha última etapa previa á [[iluminación (crenza)|iluminación]] que consiste na renunciación a todos os logros conseguidos a cambio de nada, co obxectivo de destruír o ego completamente. Para o chamado «altruísmo puro», non existe posibilidade de negociación; as relacións non son competitivas, senón colaborativas: un procura o benestar dos demais sen esperar nada a cambio, e os demais procuran o benestar dun.
 
O [[budismo]] sitúa ao [[Upādāna|apego]] e ao [[Taṇhā|desexo]] como emocións negativas que tamén producen [[ira]] e, en definitiva, [[Duḥkha|sufrimento]]. Apego, desexo, ira, medo e [[Avidyā|ignorancia]] (por exemplo, falta de comprensión do sufrimento alleo) contribúen a reforzar o ego. Na filosofía budista, o amor real é o amor compasivo, e o amor e o [[Ego, superego e id|ego]] son incompatibles.<ref name="Buddha">[http://books.google.es/books?id=VECepVHTH0QC&printsec=frontcover&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Guatama Buddha. ''The Dhammapada''. Translated by Irving Babbitt.]</ref> Recentes estudos científicos demostraron que a [[meditación]] produce un incremento da actividade nas zonas cerebrais relacionadas coas emocións positivas e unha diminución da actividade nas zonas relacionadas coa ira e a depresión.<ref name="Compasión">[http://www.redesparalaciencia.com/2871/redes/2010/redes-60-la-ciencia-de-la-compasion Redes 60: La ciencia de la compasión] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20170531055026/https://www.redesparalaciencia.com/2871/redes/2010/redes-60-la-ciencia-de-la-compasion |date=31 de maio de 2017 }}. Entrevista a [[Matthieu Ricard]] realizada por [[Eduardo Punset]]. Programa emitido o 16 e 19 de maio de 2010.</ref><ref name="NYT">[http://www.nytimes.com/2003/09/14/magazine/14BUDDHISM.html Is Buddhism good for your health?] Artículo por Stephen S. Hall para ''The New York Times Magazine'', 14 de setembro de 2003.</ref>
 
O «egoísmo altruísta» é a filosofía das relacións humanas predicada por [[Cristo|Xesucristo]] («ama a Deus sobre todas as cousas e ao próximo como a ti mesmo»).