Primeira cruzada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Commonscat}}
→‎Persecución dos xudeus: Execución dos hebreos polos politeístas : Esta é unha ilustración da Biblia non relacionada coas Cruzadas
Liña 151:
==== Persecución dos xudeus ====
{{Artigo principal|Persecución dos xudeus durante a Primeira Cruzada}}A primeira cruzada foi a faísca que iniciou unha tradición de violencia organizada contra o [[pobo xudeu]] en [[Europa|Europa.]] Aínda que o [[antisemitismo]] existira en Europa desde había séculos, a primeira cruzada supuxo o primeiro caso de violencia en masa e organizada contra as comunidades xudías. En Alemaña, certos líderes interpretaron que esta loita contra o infiel debía ser levada non só contra os musulmáns situados en Terra Santa, senón tamén contra os xudeus que habitaban nas súas propias terras.
 
[[Ficheiro:Execution_of_Hebrews_by_Pagans.jpg|miniatura|212x212px|Ilustración dunha [[biblia]] francesa de [[1250]] que mostra o que puidese ser un grupo de xudeus (identificables polos seus gorros) sendo masacrados.]]
Os sermóns que predicaban a cruzada inspiraron un antisemitismo aínda maior. Segundo algúns predicadores, os xudeus e os musulmáns eran inimigos de Cristo, e era deber da cristiandade enfrontarse a eses inimigos ou convertelos á fe cristiá. O público en xeral entendeu que o «enfrontamento» ao que facían mención os predicadores era [[Sinonimia|sinónimo]] de loitar a matar ou darlles morte. A conquista cristiá de Xerusalén e o establecemento dun imperio cristián supostamente instigaría o «Fin dos Tempos», durante o cal os xudeus deberían supostamente converterse ao cristianismo. Doutra banda, nalgúns lugares de Francia e de Alemaña considerouse aos xudeus como culpábeis da [[crucifixión de Xesús]], e tratábase dun colectivo moito máis visible e próximo que o dos musulmáns. Moitas persoas preguntáronse por que debían viaxar miles de quilómetros para loitar contra os infieis se xa había non crentes preto das súas casas.