Viquingo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 90:
{{Artigo principal|Viquingos en Galicia}}
[[Ficheiro:Torres de Catoira 1.jpg|300px|miniatura|As [[Torres de Oeste]], en Catoira, foron construídas para pechar a rota fluvial do Ulla ante os ataques viquingos.]]
A partir do ano [[844]] as costas galegas sufriron o ataque e empuxe das hordas viquingas. Mais non só o litoral galego foi obxecto das incursións, xa que as naves invasoras eran capaces de remontar ríos, posibilitando o a chegada dos viquingos a importantes cidades como [[Tui]]. As costas galegas non contaban con medios axeitados de defensa ante as poderosas frotas e os numerosos homes que as integraban, que ás veces desembarcaban por moito tempo e profundaban no país para saquear, regresando ricos á súa terra. Aínda que os ataques se prolongaron ata finais do [[século XI]] (a última é datada en [[1038]]), puido haber algunha pequena incursión máis no [[século XII]], mais o perigo xa pasara.<ref name="ant">{{Cita libro |nome1=Francisco |apelidos1=Carballo |nome2=Felipe Senén |apelidos2=López |nome3=Anselmo |apelidos3=López Carreira |nome4=Luís |apelidos4=Obelleiro |nome5=Bieito |apelidos5=Alonso |título=Historia de Galicia |editorial=[[Edicións A Nosa Terra]] |ano=1996 |lugar=[[Vigo]] |isbn=84-89138-65-6 |páxinas=84-85}}</ref> A maior parte destas incursións eran realizadas por barcos procedentes de Noruega, Dinamarca e as Órcadas, segundo textos galegos, escandinavos, árabes e casteláncasteláns.<ref>{{Cita web |url=http://www.riasbaixas.net/web/articulo.php?pcoa=39&idi=G |título=As invasións viquingas |editor=riasbaixas.net |dataacceso=19 de abril de 2015}}</ref>
 
Un documento na ''[[Historia Compostelá]]'' testemuña os saqueos e devastacións:<ref name="saber">{{Cita web |url=http://www.saber.es/web/biblioteca/libros/historia-de-aquel-reino-estas-flojedades/html/t019.htm |título=Sancho, envenenado en Portugal |editor=saber.es |dataacceso=19 de abril de 2015 |lingua=castelán}}</ref>