Virginia Beach, Virxinia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
recurrir > recorrer
poideron > puideron
Liña 45:
Nos primeiros tempos da colonia esta era unha área rural, adicada ao cultivo agrícola. A finais do século XIX, despois da chegada do ferrocarril ata a costa en [[1888]], Virxinia Beach coverteuse nunha área turística dentro do Condado da Princesa Anne. A "''Norfolk and Virginia Beach Railroad and Improvement Company''" abriu e xestionou o Hotel Princesa Ana, situado fronte o mar, preto da pequena localidade de [[Seatack, Virxinia|Seatack]].
 
En [[1891]], os clientes do novo hotel poideronpuideron ver o naufraxio e os traballos de rescate do ''Servizo de Salvamento dos Estados Unidos'' do barco [[Noruega|noruegués]] ''Dictator''. O mascarón da proa da nave , que se atopou na praia varios días máis tarde, erixiuse como un modesto monumento ás vítimas e aos rescatadores. Mántívose en pé fronte ao océano durante máis de 50 anos. Xa no século XXI inspirou a orixinal parella de estatuas chamadas ''Damas Norueguesas'', esculpidas por [[Ørnulf Bast]] e situadas á beira do Atlántico, unha en Virxinia Beach e a outra en [[Moss, Noruega|Moss]], [[Noruega]]<ref>http://www.geocaching.com/geocache/GCM5HB_the-norwegian-lady-moss?guid=e9645c16-b17b-44ed-999b-633f1ddb54b0</ref>. Coa inscrición "''I am the Norwegian Lady. I stand here, as my sister before me, to wish all men of the sea safe return home''" (''Son a dama norueguesa. Estou aquí, de pé, como a miña irmá antes ca min, para desexarlles a todos os homes do mar un regreso seguro á terra'').
 
Aínda que a actividade do complexo dependía inicialmente dos servizos de ferrocarril e tranvía eléctrico, a finalización da estrada Virxinia Beach Boulevard no [[1922]], que ía desde Norfolk ata a beira do mar, abriu camiño para vehículos de tracción mecánica. O número de pasaxeiros de ferrocarril foi caendo conforme aumentaba o tráfico de vehículos.