Xogos Olímpicos de 2016: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
elexir > elixir
Liña 39:
O [[13 de setembro]] de [[2007]] pechouse o prazo de inscrición. Dúas cidades [[América|americanas]] ([[Chicago]] e [[Río de Xaneiro]]), dúas [[Asia|asiáticas]] ([[Doha]] e [[Toquio]]) e tres [[Europa|europeas]] ([[Bakú]], [[Madrid]] e [[Praga]]) oficializaron a súa candidatura. O [[4 de xuño]] de [[2008]] o [[Comité Olímpico Internacional]] (COI) revelou o resultado das avaliacións preliminares das sete cidades postulantes, eliminando a [[Bakú]], [[Praga]] e [[Doha]], quedando as outras catro cidades como candidatas: Río de Xaneiro, Madrid, Toquio e Chicago.
 
A segunda fase comezou co Programa de Observación dos [[Xogos Olímpicos de 2008]], en [[Beijing]]. Logo de elaborar o seu libro de candidatura e recibir a visita da Comisión Avaliadora do COI, as cidades candidatas participaron nun encontro en xuño, promovido por primeira vez na historia, cos membros do COI, que elexiríanelixirían a sede dos Xogos de 2016.
 
En setembro de 2009, a Comisión Avaliadora divulgou as súas impresións sobre os proxectos finalistas. Toquio, a cidade que tiña a nota preliminar máis alta, perdeu o favoritismo, principalmente por mor dos baixos niveis de apoio popular que a candidatura recebia. Chicago sufriu coas protestas internas e as leis americanas. A candidatura de Madrid tivo o proxecto máis criticado, principalmente a causa da falta de claridade das leis antidopaxe no [[Estado español]] e da estrutura organizativa do comité local. As críticas fixeron facer cambios en moi pouco tempo aos representantes da candidatura, e mesmo co alcalde [[Alberto Ruiz-Gallardón]] xa admitindo a derrota, o Parlamento Español aprobou a alteración das leis antidopaxe do país poucos días antes da votación. Pola súa banda, a candidatura do Río de Xaneiro, a pesar de ter tido boas notas, tiña problemas cos aloxamentos e os transportes. As avaliacións foron consideradas equilibradas, non sendo posible ata aquela apuntar a ningunha cidade como favorita, nin polo presidente do COI, [[Jacques Rogge]], nin polos membros da entidade, que tiñan o dereito de escoller a vencedora, así como por parte da prensa e sitios web especializados.