Morning Star (novela): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 213.143.51.162 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Etiqueta: Reversión
descubre > descobre
Liña 31:
Na taberna hospédase Lázaro Rivadulla, un bandoleiro, coñecido do seu pai. No seu cuarto, que pecha con moito coidado, garda un cofre de madeira. Á taberna comezan a achegarse outros membros da súa gavela de criminais e atracadores, utilizándoa como base das súas operacións. Lourenzo comeza a sospeitar que o seu pai tamén fora bandoleiro, e malia que lle pregunta á súa nai, esta só lle recomenda que non siga os pasos del.
 
Trala morte da súa nai, enferma desde un ano atrás, o pai comeza a colaborar activamente coa banda, e o pequeno Lourenzo, máis ou menos conscientemente, tamén, achegando datos das persoas ás que ían atracar. Por outro lado, descubredescobre que dous membros da banda tamén o son doutra gavela rival, dirixida polo portugués Tomás das Congostras. As dúas bandas buscan o tesouro que o pirata [[Benito Soto]] escondera.
 
Logo do paso pola taberna do párroco de [[Beluso, Bueu|Beluso]], que viña de [[Lugo]] coa súa sobriña de cobrar unha herdanza de 600.000 reais, a banda decide ir á casa do relixioso para roubarlle os cartos. Logo de ir até [[Noalla, Sanxenxo|Noalla]], cruzan a [[ría de Pontevedra]] e comeza o atraco á casa do cura. En principio o papel de Lourenzo limitábase a cortar a corda de tocar as campás para evitar que se dese alarma, pero axiña se ve superado pola situación. Enfróntase aos membros da banda para evitar que violen e maten á sobriña do cura, da súa idade, e emprenden unha fuxida.