Istmo de Tehuantepec: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
prosigue > prosegue
Liña 62:
 
=== Transportes ===
As principais cidades do istmo están comunicadas entre si por unha rede de estradas, case todas elas de orde federal. A única autoestrada que atravesa a rexión é a que provén de México e que conclúe no estado de Tabasco. Esta autoestrada comunica a cidades como Acayucan e Minatitlán co centro da república. De Minatitlán parte un ramal cara ao nordeste, que une esta cidade co porto de Coatzacoalcos. Cara ao sur existe unha estrada federal de 308 [[km]] de lonxitude que comunica Coatzacoalcos con Juchitán. Tanto esta cidade como Tehuantepec comunícanse con [[Oaxaca de Juárez]] a través da Estrada Panamericana, que atravesa as serras orientais do estado e prosigueprosegue até [[Tapachula]], na fronteira de Chiapas e [[Guatemala]]. Tehuantepec comunícase co poñente, co centro turístico de [[Huatulco]], a través dunha estrada federal que discorre entre a costa e a serra Madre del Sur.
 
Existe o [[aeroporto]] internacional de Minatitlán, ademais de existir tamén os aeroportos de Salina Cruz e Ixtepec Oaxaca. Estes reciben 200 mil pasaxeiros ao ano. Tamén existen dous portos marítimos de grande importancia comercial: Salina Cruz no Pacífico e Coatzacoalcos no Golfo. Un carril de ferro comunica ambos os dous portos atravesando o istmo de norte a sur, co seu punto intermedio en Matías Romero Avendaño, aínda que esquivando a serra Atravesada, que é a zona peor comunicada da rexión. Esta liña de ferrocarrís só presta servizo de transporte de mercancías.