2001: Unha odisea do espazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
consigue > consegue
Liña 62:
Bowman e Poole toman precaucións para que HAL non os escoite falar sobre a posibilidade de desconectar as súas funcións superiores, pero o computador logra ler os labios dos [[astronauta]]s. HAL volve diagnosticar o fallo futuro da unidade substituída, tomándose a decisión de volver deixar a orixinal para comprobar se acaba fallando ou non, pero á vez confirmando os problemas de fiabilidade de HAL. Neste caso é Poole quen sae a realizar a substitución, pero cando sae da pequena nave esférica, HAL toma o control da mesma e a lanza sobre o astronauta, provocando a despresurización do seu [[traxe espacial]] e enviándoo lonxe da ''Discovery''.
 
Bowman non ten claro o que sucedeu, HAL parece non sabelo tampouco e Frank non responde, polo que monta noutra das pequenas naves e sae a rescatar o seu compañeiro. Con Bowman fóra, HAL provoca a morte dos tripulantes hibernados. Bowman logra chegar até Poole, pero xa está morto, así que o recolle e regresa á ''Discovery'', pero HAL non lle abre o hangar. Decide intentar unha manobra arriscada que HAL non cre que poida conseguir: abandona a Frank Poole no espazo, abre a porta exterior de emerxencia da ''Discovery'' cos brazos articulados da pequena nave (pois a apertura manual escapa ao control de HAL) e coloca o zapón da nave orientada cara a ela. Despois, activa a saída de emerxencia do zapón, sendo lanzado cara ao interior da ''Discovery'', onde consigueconsegue presurizar a cámara de acceso.
 
Xa con casco, para evitar a despresurización provocada por HAL 9000, Bowman vai á sala onde está o ''[[hardware]]'' do computador para desconectalo. Durante o percorrido, HAL parece querer explicar o sucedido, desculpándose por todo e pedindo que non o desconecte. David vai extraendo unha a unha as tarxetas de memoria; pouco a pouco vanse desconectando as funcións de HAL, que suplica compaixón a David, pero cada vez con máis problemas de comunicación até que parece retomar as súas funcións primordiais e primeiras aprendizaxes, como unha canción ("Daisy", de [[Harry Dacre]], 1892) e, por fin, desactívase. Ao quedar HAL desconectado, ponse en marcha unha gravación que informa a David Bowman da verdadeira misión: a investigación da orixe da sinal emitida por TMA-1 en 1999, nun punto próximo a unha das [[Satélite natural|lúas]] de Xúpiter.