Wassily Kandinsky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "arte".
sinte > sente
Liña 36:
 
=== Madurez ===
No ano [[1910]] fai a súa primeira [[acuarela]] abstracta, na que "(...) nas manchas máis escuras predominan dúas cores, o vermello e o azul, que evidentemente están relacionadas porque sempre están xuntos. O vermello é unha cor cálida e tende a expandirse; ó azul é frío e tende a contraerse a si mesmo. Kandinsky non aplica a lei dos contrastes simultáneos senón que a comproba; e segundo os casos, é dicir, segundo os impulsos que sintesente, válese de ámbalas dúas para que se limiten ou se impulsen mutuamente. Hai tamén signos lineais, filiformes; son, en certo modo, indicacións de posibles movementos, son trazas que suxiren a dirección e o ritmo das manchas que vagan polo papel. Poñen en movemento a toda a acuarela(...)" ([[Giulio Carlo Argan|Argan]]).
 
Na ''Composición IV'' de [[1911]], as figuras están tan simplificadas, a cor é tan arbitraria e o espazo tan confuso que é imposible distingui-lo tema sen a referencia dos cadros anteriores da serie. Especialmente desorientador para o espectador é o xeito no que se usa a liña, tanto como elemento independente, ou ben como límite para a cor.