Vertebrados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 72:
Os primeiros peixes con mandíbulas ([[gnatóstomos]]) apareceron no [[ordovícico]], facéndose abundantes durante o [[Devoniano]] (que, por iso, se denomina ás veces como a "idade dos peixees"); durante este período desapareceron moitos dos ágnatos ancestrais e apareceron os [[laberintodontos]], formas de transición entre peixes e [[anfibios]].
 
Os primeiros [[réptiles]] fixeron a súa aparición no seguinte período, o [[carbonífero]]. Os réptiles [[anápsidos]] e [[sinápsidos]] abundaron durante o [[pérmicoPermiano]], no treito final do paleozoico, mentres que os [[diápsidos]] foron os vertebrados dominantes durante o [[mesozoico]]. Os [[dinosauro]]s orixinaron as [[aves]] no [[xurásico]].
 
A extinción dos dinosauros ao final do [[cretáceo]] propiciou a expansión dos [[mamíferos]], que se orixinaran había xa moito tempo a partir de réptiles sinápsidos, pero que permaneceran nun segundo plano durante o [[mesozoico]].