Oroxenia caledoniana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
A oroxenia caledoniana foi unha das varias [[oroxenia]]s que finalmente formaron o [[supercontinente]] [[Panxea]] no [[Paleozoico]] tardío. No Paleozoico temperán a maioría das masas continentais estaban unidas constituíndo o [[paleocontinente]] de [[Gondwana]], que contiña a codia da futura [[África]], [[Suramérica]], sur de [[Eurasia]], [[Australia]] e a [[Antártida]], que estaba centrado no [[polo sur]]. Hai entre 650 e 550 millóns de anos (no período [[ediacárico]]) os continentes máis pequenos de Laurentia (que contiña a futura parte nordeste de [[Norteamérica]]), [[Báltica]] e [[Siberia]] separáranse de Gondwana para moverse ao norte cara ao ecuador. No proceso, o [[océano de Xápeto]] situado entre Gondwana, Báltica e Laurentia acabou pechándose.
 
No período [[ordovícico]] temperán (hai uns 480 millóns de anos) un [[microcontinente]] (un pequeno fragmento de [[codia continental|litosfera continental]]) chamado [[Avalonia]] (cuxa litosfera hoxe está repartida entre o leste de [[Nova Inglaterra]], o sur da illa de [[Terra Nova]], partes de [[Nova Brunswick]] e [[Nova ScotiaEscocia]], sur de [[Irlanda]], a maior parte de [[Inglaterra]] e [[Gales]], os [[Países Baixos]] e o norte de [[Alemaña]]) empezou a separarse da marxe norte de Gondwana.<ref>O momento en que se separou Avalonia de Gondwana é discutido. Aquí séguese a explicación de Here Cocks ''et al.'' (1997).</ref>
 
=== Fases iniciais ===