Casa dos Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
talla > talle
Liña 134:
 
O [[Cardeal Richelieu]] fora un forte partidario dos holandeses e os protestantes desde o inicio da guerra, enviando fondos e material nun intento de deter a forza dos Habsburgo en Europa. Richelieu decidiu que a recentemente asinada [[Paz de Praga]] era contraria aos intereses franceses e declarou a guerra ao emperador do Sacro Imperio Romano e a España poucos meses logo de haberse asinado a paz. As máis experimentadas forzas españolas anotáronse éxitos iniciais; Olivares ordenou unha campaña lóstrego no Norte de Francia desde os Países Baixos Españois, esperando esnaquizar a firmeza dos ministros do [[Luís XIII de Francia|rei Luís XIII]] e derrocar a Richelieu antes de que a guerra esgotase as finanzas españolas e de que os recursos militares de Francia puidesen ser completamente despregados. No ''"année de Corbie"'', 1636, as forzas españolas avanzaron ao Sur ata [[Amiens]] e [[Corbie]], ameazando [[París]] e terminando a guerra nas súas proximidades.
[[Ficheiro:La Bataille de Rocroi.jpg|miniatura|dereita|300px|A [[Batalla de Rocroi]] (1643), o fin simbólico de España como a gran potencia dominante.]]
 
Logo de [[1636]], no entanto, Olivares, medorento de poder provocar outra desastrosa quebra, parou o avance. O exército español nunca penetraría de novo. Así, os franceses gañaron tempo para mobilizarse correctamente. Na [[Batalla das Dunas (1639)|batalla das Dunas]] en [[1639]] unha frota española foi destruída pola armada holandesa, e os españois atopáronse incapaces de reforzar e prover adecuadamente ás súas forzas nos Países Baixos. O Exército de Flandres español, que representou o mellor dos soldados e líderes españois, enfrontouse a unha invasión francesa liderada por [[Luís II de Condé|Luís II de Borbón, príncipe de Condé]] nos Países Baixos Españois en [[Batalla de Rocroi|Rocroi]] en [[1643]]. Os españois, liderados por [[Francisco de Melo]], foron devastados, coa maioría da infantería española masacrada ou capturada pola cabalería francesa. A boa reputación do Exército de Flandres foi esnaquizada en Rocroi, e con ela, o esplendor de España.