Kamikaze: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
extender > estender
m arranxiños
Liña 1:
[[Ficheiro:USS Bunker Hill hit by two Kamikazes.jpg|250px|miniatura|O ''USS Bunker Hill'' foi atacado por 2 avións suicidas o 11 de maio de 1945]]
O termo '''kamikaze''' (神風, literalmente "vento divino") de orixe xaponés, foi utilizado orixinalmente polos tradutores [[Estados Unidos de América|estadounidenses]] para referirse aos ataques suicidas efectuados por pilotos dunha unidade especial pertencente á Armada Imperial Xaponesa contra embarcacións da frota dos Aliados a finais da [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]]. Estes ataques pretendían deter o avance dos aliados no [[océano Pacífico]] e evitar que chegasen ás costas xaponesas. Con esta finalidade, avións cargados con bombas de 250 quilogramos impactaban deliberadamente contra os seus obxectivos co afán de afundilos ou averialos tan gravemente que non puidesen regresar á batalla.
 
Aínda que houbo diversas unidades suicidas en terra, mar e aire, esta unidade especial de ataque é a máis representativa do seu tipo.
No [[Xapón]] non se utiliza con este sentido a palabra kamikaze. Prefírese o termo Shinpū tokubetsu kōgeki tai (神風特別攻撃隊 "Unidade Especial de Ataque Shinpū") ou a súa abreviación tokkōtai (特攻隊). No resto do mundo o uso desta palabra estendeuse e aplícase sen moito rigor a todo tipo de ataques suicidas, sen importar o método empregado (uso de explosivos, automóbiles etc.) ou a nacionalidade do atacante (como no caso dos [[Ataquesatentados do 11 de setembro de 2001]]).
 
Esta unidade especial foi disolta cando o Xapón presentou a súa rendición incondicional na Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial e actualmente cóntase con numerosos rexistros e testemuños sobre o nacemento, desenvolvemento e declive das súas operacións.
 
==Véxase tamén==