Planetoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Historia ==
O primeiro planeta menor foi [[Ceres (planeta anano)|Ceres]], descuberto o [[1 de xaneiro]] de [[1801]] polo [[Pobo italiano|italiano]] [[Giuseppe Piazzi]]. Ceres foi considerado orixinalmente un novo planeta, aínda que despois se considerou un asteroide ou planeta menor, e dende 2006 está clasificado como [[planeta anano]].<ref>[https://web.archive.org/web/20070929042632/http://www.adin-noticias.com.ar/0260806.htm Características de Ceres], Adín noticias, 26 de agosto de 2006.</ref> [[William Herschel]], descubridor de [[Urano]], cuñou o termo «[[asteroide]]» para os primeiros obxectos descubertos no século XIX, os cales orbitan o Sol entre [[Marte]] e [[Xúpiter]], e xeralmente nunha órbita de baixa [[excentricidade]] relativa.<ref>{{Cita web |autor=[[James Lindsay Hilton]] | título=When did asteroids become minor planets? | obra=U.S. Naval Observatory | url=http://aa.usno.navy.mil/hilton/AsteroidHistory/minorplanets.html | dataacceso=25 de maio de 2006 | urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060520185324/http://aa.usno.navy.mil/hilton/AsteroidHistory/minorplanets.html | dataarquivo=20 de maio de 2006 }}.</ref> Dende daquela, atopáronse planetas menores en tódalas órbitas planetarias dende [[Mercurio (planeta)|Mercurio]] até [[Neptuno]], e un número crecente de obxectos transneptunianos (en inglés: ''trans neptunian objects'' ou TNO) alén órbita de Neptuno.
 
Os planetas menores clasificábanse en grupos e familias baseados nas características das súas órbitas. Ademais destas extensas divisións, adoitábase denominar un grupo de asteroides a partir do primeiro membro do grupo descuberto (normalmente o maior). Mentres que os «grupos» son asociacións dinámicas relativamente soltas, as «familias» son máis estables e coherentes. As «familias» só se recoñecen dentro do [[cinto de asteroides]], e foron recoñecidas por vez primeira por [[Kiyotsugu Hirayama]] en [[1918]], sendo chamadas «familias Hirayama» na súa honra.